A Xunta contribúe a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e da súa contorna

Imagen del artículo A Xunta contribúe a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e da súa contorna

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a maior parte das incidencias durante os seus labores rutineiros

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2024

A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e na súa contorna, concretamente nos concellos de Pontevedra, Marín, Cangas e Soutomaior.

A incidencia no concello de Pontevedra afectaba ao río Pintos, ao seu paso polo lugar de Marcón, e foi detectada no marco da campaña de inspección ás redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Nese labor os técnicos de Augas de Galicia constataron que o episodio se debía a algunha deficiencia na infraestrutura de saneamento, feito que se notificou ao Concello para que procedese a corrixila.

O Goberno local informou da existencia dunha rotura dun colector de saneamento que foi reparada, cuestión que verificou o persoal do Programa de Control de Vertidos nunha visita posterior á zona, co que se deu por eliminado ese vertido ao dominio público.

No caso de Marín, o vertido de augas residuais estaba na parroquia de Ardán e foi localizado tamén no marco dos labores rutineiros de inspección que se realizan na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. En concreto, tratábase dunha tubaxe que vertía augas sen depurar ao río Casás, cuestión da que se deu aviso ao concello de Marín para que adoptase as medidas oportunas para emendala.

O Executivo municipal localizou a orixe do vertido nunha vivenda da zona e requiriu ao titular a corrección desa incidencia. O persoal do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comprobou nunha visita posterior o cese do vertido froito das actuacións correspondentes para poñerlle fin.

Cangas e Soutomaior

O episodio de Cangas producíase no lugar de Nerga, na parroquia do Hío, e foi localizado tras recibir un aviso do Servizo de Emerxencias 112. Debíase a unha rotura no colector de saneamento que discorre baixo a pasarela de madeira que atravesa o complexo dunar Nerga-Barra.

O persoal de Augas de Galicia notificou o caso ao Concello para que corrixise a situación e nunha visita posterior verificou que fora substituído o tramo da canalización afectada ao tempo que se reforzaran as suxeicións que amarran o colector á estrutura do paseo, co que se puxo fin a esa vertedura ao dominio público.

O cuarto episodio contaminante eliminado na zona atopábase no concello de Soutomaior. Tratábase dun vertido de augas residuais á ría de Vigo que se producía por unha tubaxe localizada entre as rochas do dique baixo o paseo marítimo no lugar de Cagazó, unha canalización que serve para evacuar as augas pluviais da zona.

Nas análises do caudal existente constatouse a presenza de carga microbiolóxica, polo que foi comunicada a situación ao Concello para que adoptase as medidas oportunas coa finalidade de corrixila. Ante as dificultades para determinar a orixe da contaminación, o Goberno local decidiu conectar provisionalmente a liña de pluviais afectada cara a rede de saneamento á espera de coñecer a procedencia exacta dese aporte irregular.

O persoal do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comprobou nunha nova inspección á zona a eliminación dese punto de vertido e acordou facer un seguimento da situación ata a corrección definitiva da incidencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322818 {"title":"A Xunta contribúe a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e da súa contorna","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103984-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322818"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322818-xunta-contribue-eliminar-catro-puntos-vertido-augas-residuais-concellos-da-comarca-pontevedra-e-da-sua-contorna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.