A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee

Imagen del artículo A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación enmárcase nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego
  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita o resultado das actuacións de mantemento e conservación
  • Os traballos inclúen a limpeza das cubertas, canalóns e exterior e a renovación dos paramentos interiores e pintura dos dous andares e a fachada

Cee (A Coruña), 12 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe en Cee o Museo Fernando Blanco de Lema para ver o resultado das actuacións de mantemento e conservación que se levaron a cabo cunha achega de 37.000€ e que se enmarcan nos obxectivos do plan para modernizar infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego.

Na visita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou "a importancia de garantir espazos nos que desenvolver actividades culturais en todo o territorio, tal e como tamén se promove na Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que agardamos ter en vigor este mesmo ano". Neste senso, resaltou o traballo da Fundación Fernando Blanco de Lema "por ter como fin a promoción educativa e cultural da vila de Cee e da súa bisbarra".

En canto ás actuacións levadas a cabo nas instalacións inclúense a limpeza de cuberta, a substitución de pezas rotas e selado do patio de luces, a impermeabilización interior, a limpeza de canalóns, o vernizado exterior, a renovación do acabado dos paramentos interiores e pintura dos dous andares do edificio e da fachada.

Os espazos renovados do museo, que percorreu o director xeral, albergan unha colección de instrumental científico e material didáctico das cátedras, laboratorio e gabinetes do antigo Instituto-Escola de Cee, de finais do século XIX. Contan con medidores de diversas magnitudes, aparellos de mecánica, acústica e óptica, ademais das coleccións de animais, minerais e fósiles. Xunto a este material destacan as obras pictóricas de Federico Madrazo, os gravados da Calcografía Nacional e unha colección de ourivería relixiosa.

Este investimento enmárcanse no compromiso do Goberno galego por mellorar e modernizar as infraestruturas culturais públicas de Galicia e garantir o acceso á cultura, a folla de ruta na que traballa a Xunta de Galicia. Neste marco, o Goberno galego vén de resolver as axudas para mellora de equipamentos culturais que contan cun orzamento de 500.000€ para a renovación de bibliotecas, auditorios e centros culturais de 46 concellos. As axudas incrementarán a calidade da oferta cultural en 19 bibliotecas e axencias de lectura, 15 centros culturais, seis auditorios, dous centros de interpretación patrimonial, dous escolas de música e un arquivo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322012 {"title":"A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322012"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/322012-xunta-colabora-na-mellora-do-museo-fernando-blanco-lema-cee https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.