A Xunta inviste 135 M€ dende 2020 na mellora e competitividade da industria conserveira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase de aumentar o peso desta cadea no conxunto da economía galega, mellorar a competitividade nos mercados internacionais e consolidar a súa posición de liderado, ademais da súa capacidade produtiva e todo o emprego que leva a asociado
  • Co fin de consolidar o sector, Villares pon en valor a xestión do Goberno galego con iniciativas como a Lei do litoral que dá seguridade xurídica á cadea mar-industria e afea a falta de altura de miras do Goberno ao seguir sen rebaixar o IVE do peixe
  • Con 7 de cada 10 quilos expedidos, Galicia é a principal comunidade exportadora de España; un sector que agrupa a preto de 260 empresas, que facturan máis de 12.000 millóns de euros e dan emprego a 26.300 persoas no territorio galego

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 12 de xullo de 2024

A industria conserveira está a ser unha aposta irrenunciable para a Xunta de Galicia. Proba delo, e que nos últimos catro anos, a administración autonómica leva destinados ao seu impulso 135 millóns de euros. Este esforzo inversor é posible grazas ao Plan Estratéxico da Industria Conserveira Galega Horizonte 2020 e, na actualidade, ao Plan Estratéxico 2022-2030, encargado polo Consellería ao Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e realizado en colaboración coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos, Anfaco-Cecopesca.

Trátase de dúas iniciativas, cofinanciadas a través do FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) e do FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura), coas que se pretende aumentar o peso desta cadea no conxunto da economía galega, mellorar a competitividade nos mercados internacionais e consolidar a súa posición de liderado, ademais da súa capacidade produtiva e todo o emprego que leva a asociado. 

Así o trasladou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante da clausura da xornada Galicia distrito industrial con sabor a mar, organizada pola Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de A Pobra do Caramiñal, e na que expertos do sector explicaron o percorrido do peixe desde que se captura no mar ata que se converte en conserva.

Consolidación do sector

Galicia é hoxe a principal comunidade autónoma que exporta produtos de pesca, acuicultura e os seus transformados, xa que, a excepción do peixe seco, salgado/salmoira e afumado, envía ao exterior máis do 30% do volume total. No eido das exportacións de preparacións e conservas do mar, supón máis do 75% da produción e o 70% da facturación. É dicir, 7 de cada 10 quilos exportados por España saen do territorio galego, cos países europeos como principais mercados. Por tanto, somos a comunidade que ten máis relevancia no territorio nacional tanto polo número de empresas, produción, facturación e exportación, como en postos de traballo creados.

Este sector agrupa a preto de 260 empresas, que facturan máis de 12.000 millóns de euros e dan emprego a 26.300 persoas, representando así o 5,5% da industria alimentaria española, pois aporta máis do 90% da produción nacional e o 70% da facturación e da oferta laboral. 

Para seguir consolidándoo, Alfonso Villares destacou a importancia de seguir artellando medidas que estimulen o consumo interno e as previsións de crecemento da economía pesqueira. E isto pasa, sinalou, por escoitar ao sector e, por tanto, porque as administracións con competencias na materia, como é o Goberno central, dean respostas ás necesidades. Unha delas é a rebaixa tributaria dos alimentos básicos e a consideración da carne, o peixe e as súas conservas como produtos de primeira necesidade, pero que, a día de hoxe, aínda non obtivo o visto e prace do Executivo estatal.

Por outra banda, tal e como sinalou, é importante dar seguridade xurídica á cadea mar-industria, co fin de asegurar a continuidade da súa actividade e de atraer novos investimentos produtivos. Este contexto foi o que levou á administración autonómica a aprobar a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, converténdoa na primeira comunidade que regula a franxa costeira en toda a súa extensión, que identifica os usos e as actividades estratéxicas na cosa e faculta que se poidan levar a cabo de forma sostible e con plena seguridade lexislativa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322010 {"title":"A Xunta inviste 135 M€ dende 2020 na mellora e competitividade da industria conserveira","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103996-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322010"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/322010-xunta-inviste-135-m-dende-2020-na-mellora-e-competitividade-da-industria-conserveira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.