Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao "para captar momentos da sociedade con humor"

Imagen del artículo Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao para captar momentos da sociedade con humor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura asiste en Ribeira á inauguración da exposición 'Os homes, por Castelao' no Museo do Gravado de Artes á Estampa Dixital, que mostra as pranchas orixinais coas que se plasmaron as estampas satíricas do intelectual no xornal Galicia

Ribeira (A Coruña), 12 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, unha mostra que recolle as pranchas de cinc utilizadas para plasmar no xornal vigués Galicia en 1925 as estampas satíricas creadas polo intelectual.

Estes debuxos dan conta, tal e como lembrou Anxo M. Lorenzo, da "capacidade de Castelao para captar momentos da sociedade galega desde a perspectiva do humor". Así, fixo fincapé no seu "talento artístico máis alá da súa faceta de escritor ou político", creatividade da que se valeu tamén, dixo, "como mecanismo de expresión da denuncia social".

Nas pezas que se amosan dase conta, como así apuntou o director xeral de Cultura, "dese enxeño do autor para acompañar o debuxo con títulos cheos de ironía que nos levan á sátira de costumes sen esquecer a nota social".

O museo ribeirense rende así unha nova homenaxe ao intelectual rianxeiro centrándose neste caso na súa faceta como ilustrador, que empregou para plasmar as diferentes tipoloxías masculinas do seu tempo. Faino a través das pranchas que, segundo se considera, se realizaron nos propios obradoiros do xornal Galicia, que botou a andar en 1922, e estiveron esquecidas ata os anos noventa cando as recuperou Roberto Taboada, propietario dunha das coleccións máis extensas sobre a obra de Castelao.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322009 {"title":"Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao \"para captar momentos da sociedade con humor\"","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322009"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/322009-anxo-m-lorenzo-destaca-talento-castelao-captar-momentos-da-sociedade-humor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.