O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na catedral de Santiago

Imagen del artículo O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na catedral de Santiago

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O dispositivo sanitario do 061 permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, e o equipo sanitario se desprazará ás 12,00 ata a Catedral de Santiago 
  • No verán de 2023 foron atendidas 272 persoas, o que supuxo unha media de nove asistencias diarias

Santiago, 12 de xullo de 2024

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Orde dos Cabaleiros de Malta colaborarán a partir do próximo domingo, 14 de xullo, para mellorar a prestación de asistencia sanitaria aos peregrinos que se acheguen á Oficina de Atención ao Peregrino e ata a Catedral de Santiago de Compostela durante a Misa do Peregrino. A colaboración realízase en prol dun acordo que permitirá que este dispositivo sanitario se manteña operativo ao longo de cinco semanas, desde este domingo ata o próximo 18 de agosto, período no que se estima que o incremento de turistas e peregrinos sexa maior.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como vén facendo durante os últimos anos,  dispón do material humano -persoal de Enfermería-, e funxible necesario para a atención sanitaria a peregrinos e as persoas que se atopen na Catedral de Santiago durante a misa das 12,00 horas. Así, o equipo sanitario permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, e o equipo sanitario do 061 se desprazará ás 12,00 ata a Catedral de Santiago durante a Misa do Peregrino.

Actividade verán 2023

Durante o período estival, comprendido entre 16 de xullo e o 13 de agosto, do ano pasado, na Oficina de Atención ao Peregrino, foron atendidas 272 persoas, o que supuxo unha media de nove asistencias cada día. Esta cifra supón un incremento do número de pacientes atendidos respecto ao ano 2022, no que a media de asistencias diarias foi de dúas persoas.

En 2023, o mes de agosto duplicou o número de asistencias respecto ao mes anterior con 182 persoas atendidas, fronte ás 90 asistencias rexistradas no mes de xullo. O día no que se atenderon máis pacientes foi o 11 de agosto, con 29 persoas asistidas.

Respecto ao sexo dos atendidos, o 60% foron mulleres e o 40% homes. As patoloxías máis atendidas foron: lesións cutáneas (68%) derivadas principalmente polo roce continuo co calzado e feridas leves, e dor aguda (20%) causada  por escordaduras, torceduras e sobrecargas ou rotura de fibras musculares e edemas nas pernas.

Así, as asistencias resolvéronse como coidado de feridas (64%), inmobilización da zona afectada (15%) e administración de medicación tópica (8%), principalmente. Ademais, o 97% das asistencias realizadas polo persoal do 061 de Galicia finalizaron co alta do paciente no punto, sen que fora necesaria a derivación a outro nivel asistencial.

A Orden de San Juan de Jerusalén é unha orde relixiosa laica, tradicionalmente militar, cabaleiresca e nobiliaria. Constitúe unha das máis antigas institucións da civilización occidental e cristiá, e os seus voluntarios están organizados en estruturas sociais, asistenciais, sanitarias e sociais dedicadas a dar servizo aos pobres e necesitados. Actualmente, esta orde está presente en máis de 120 países.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 presta atención sanitaria ás urxencias e emerxencias sanitarias no ámbito extrahopitalario na Comunidade galega desde o ano 1995 e actualmente está considerado como o servizo público sanitario mellor valorado pola cidadanía, obtendo os máis altos índices de satisfacción pola súa poboación usuaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321208 {"title":"O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na catedral de Santiago","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321208"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321208-061-galicia-e-orde-malta-melloran-asistencia-sanitaria-peregrinos-e-visitantes-na-catedral-santiago https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.