Rueda aposta por aproveitar as potencialidades da intelixencia artificial con "valentía" e positividade

Imagen del artículo Rueda aposta por aproveitar as potencialidades da intelixencia artificial con valentía e positividade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •   Asegura que este sector ofrece  "oportunidades" que Galicia "non pode deixar pasar"
  • A Xunta remitirá en setembro ao parlamento a Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial, a primeira dunha rexión europea
  • A IA xa se está empregando en proxectos concretos relacionados co emprego ou a sanidade

O Grove (Pontevedra), 12 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por aproveitar todas as potencialidades que ofrece a intelixencia artificial e traballar para que seguir situando a Galicia á vangarda nesta tecnoloxía. "Estamos ante unha oportunidade que non podemos deixar pasar", resaltou.

Así o sinalou hoxe durante a súa intervención na clausura do Encontro da Toxa. Transformación dixital e IA, organizado por Cesuga. No acto estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana; e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

Rueda defendeu que Galicia quere formar parte das rexións que se anticipan ao futuro e apostou por afrontar os retos que supón a intelixencia artificial "con valentía" e dun modo "positivo". Nesta liña, asegurou que a comunidade conta coas "condicións, o talante e a valentía" para aproveitar as oportunidades que ofrece este eido.

Unha transformación dixital que tamén chega a administración. Por iso, o Goberno galego xa está impulsando medidas como a Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial, que se remitirá ao Parlamento en setembro, e que converterá a Galicia na primeira rexión europea en contar cunha normativa neste eido.

Ademais, a administración xa conta con outros proxectos nos que se está usando a intelixencia artificial, como en materia de emprego, coa ferramenta EMi, que permite o perfilado competencial dos demandantes do emprego; o Mapa de emprendemento virtual, que integra a todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia; ou o programa piloto de aplicación da IA no tratamento de imaxes por satélite para control forestal -masas forestais ilegais e cultivos non declarados, entre outros-.

A intelixencia artificial tamén se está empregando noutros eidos, como o sanitario. Unha mostra é a iniciativa posta en marcha no Hospital Clínico de Santiago, que permite informar unha radiografía en tan só 3 minutos.

Premio á empresaria do ano

Logo da clausura da xornada, o titular do Executivo galego participou tamén na gala de entrega do premio á empresaria do ano, que nesta edición recaeu en Blanca García Montenegro, presidenta do grupo El Progreso.  Rueda destacou a súa traxectoria e o seu carácter pioneiro, en tanto foi a primeira muller que liderou un grupo mediático en España. "É a gran dama da comunicación de Galicia e un exemplo de moitas cousas", indicou tras recoñecer "as dificultades" que tivo que atravesar ao longo da súa carreira "polo feito de ser muller". 

Ademais, o presidente salientou a decisión de García Montenegro por continuar coa empresa familiar e apostar sempre por "engrandecela". Nesta liña, fixo fincapé en que moitas das grandes empresas galegas "son familiares", o que lles aporta un compoñente de "identidade, de esencia e de raíz".

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321207 {"title":"Rueda aposta por aproveitar as potencialidades da intelixencia artificial con \"valentía\" e positividade","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321207"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321207-rueda-aposta-aproveitar-as-potencialidades-da-intelixencia-artificial-valentia-e-positividade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.