Os galegos de orixe ou ascendencia que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta

Imagen del artículo Os galegos de orixe ou ascendencia que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A tarxeta Galicia Saúde Exterior Virtual pode descargarse a través da app Sergas Móbil
  • A tarxeta virtual permite efectuar calquera xestión no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

A Xunta pon desde hoxe a tarxeta sanitaria Galicia Saúde Exterior Virtual á disposición de galegos de orixe ou ascendencia que, residindo no estranxeiro, realicen estadías temporais en Galicia e teñan dereito á asistencia sanitaria a través da tarxeta Galicia Saúde Exterior.

Deste xeito, os interesados poden realizar a súa descarga a través da app Sergas Móbil.

A través desta iniciativa, a persoa usuaria disporá da súa tarxeta sanitaria almacenada dentro da aplicación móbil e será equivalente á tarxeta física. Así, poderá efectuar as xestións necesarias no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias.

Esta medida foi impulsada pola Consellería de Sanidade, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321169 {"title":"Os galegos de orixe ou ascendencia que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321169"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321169-os-galegos-orixe-ou-ascendencia-residan-estranxeiro-e-visiten-galicia-xa-poden-acceder-tarxeta-sanitaria-dixital-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.