Villares reitera o apoio da Consellería do Mar para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros como garantía da salubridade da poboación e da sustentabilidade do sector

Imagen del artículo Villares reitera o apoio da Consellería do Mar para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros como garantía da salubridade da poboación e da sustentabilidade do sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • En aras a impulsar políticas construtivas e útiles á cidadanía, apelou, unha vez máis, á responsabilidade do Goberno central, que segue sen rebaixar o IVE destes produtos, a sabendas de que son indispensables para crear un sistema alimenticio sostible e xusto
  • Eríxese, novamente, en defensa do sector, pois o Executivo estatal non ten escusas para non rebaixar este tipo impositivo, sobre todo cando o Parlamento Europeo e a Comisión Europea, entre outros organismos, así o avalan 

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, fixo un chamamento á poboación para que non deixe de consumir os produtos pesqueiros galegos de cara a garantir a salubridade das persoas e a sustentabilidade do sector. Esta foi a principal mensaxe que o responsable autonómico quixo trasladar na presentación do libro de Ernesto Penas, La Proteína Azul, que tivo lugar esta mañá en Santiago e contou coa presenza do editor de Almuzara Libros, Manuel Pimientel.

Alfonso Villares comprometeu así o apoio do departamento que dirixe a seguir traballando para contribuír a reverter os últimos datos que reflicten un claro descenso da inxesta de peixe nos fogares, e que en Galicia, na última década, malia ser a comunidade que máis freou a caída, se sitúa no 24%. Neste senso, e en aras de impulsar políticas construtivas e útiles á cidadanía, apelou, unha vez máis, á responsabilidade do Goberno central, que segue sen rebaixar o IVE destes produtos, a sabendas de son indispensables para crear un sistema alimenticio sostible e xusto. E é que o titular de Mar non entende esta decisión unilateral do Executivo estatal, pois aplicar unha redución deste imposto conlevaría consecuencias notablemente positivas á hora de incentivar o movemento no mercado, estimulando a demanda interna e mellorando as previsións de crecemento económico; aliviaría a situación das familias, especialmente daquelas con menos ingresos; e, en terceiro lugar, suporía amplos beneficios na saúde dos consumidores. 

Por este motivo, Villares erixiuse, novamente, en defensa do sector, pois o Goberno non ten escusas para non rebaixar este tipo impositivo, sobre todo cando o Parlamento Europeo e a Comisión Europea así o avalan, e tanto a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, como o Observatorio do Mercado dos Produtos da Pesca e da Acuicultura, tamén sinalaron como positiva esta medida para frear incluso a inflación. Ademais, o Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e dos Recursos Naturais da USC presentou un estudo que certifica que a súa adopción redundaría nun aumento do consumo, na creación de emprego e da riqueza.

Por este motivo, Alfonso Villares felicitou a Ernesto Penas por poñer en valor que a pesca produce a proteína animal máis saudable do mundo e ten unha pegada de carbono e un impacto sobre a biodiversidade máis baixos que os de moitos outros sistemas de produción de alimentos en terra.

Dilatada traxectoria

O autor da publicación dispón dun amplo coñecemento sobre a materia, tanto pola súa formación, como pola súa traxectoria profesional. Tras 10 anos traballando en ecoloxía mariña e dinámica das poboacións pesqueiras no Instituto Español de Oceanografía, en 1986 incorporouse á Comisión Europea, onde foi director de Coordinación e Desenvolvemento de Políticas na Dirección Xeral de Asuntos Mariños e Pesca; director de Mar Báltico, Mar do Norte e Estados membros sen litoral; xefe de Unidade de Política de Conservación e de Política Pesqueira Común e Acuicultura ata 2009. 

Entre outras responsabilidades, foi negociador da UE e responsable da última reforma da PPC, en 2013. Tamén ocupou en 1990 e 1993 o cargo de director xeral de Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e, na actualidade, é presidente da Comisión Internacional do Atún Atlántico; membro do Fisheries Expert Group do European Bureau of Conservation and Development do International Union of Conservation of Nature; e asesor do Food and Agriculture Organization das Nacións Unidas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321162 {"title":"Villares reitera o apoio da Consellería do Mar para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros como garantía da salubridade da poboación e da sustentabilidade do sector","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321162"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321162-villares-reitera-apoio-da-conselleria-do-mar-incentivar-consumo-dos-produtos-pesqueiros-como-garantia-da-salubridade-da-poboacion-e-da-sustentabilidade-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.