O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de mellora de eficiencia e funcionalidade do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Manuel Pardo destacou que as obras contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€
  • O delegado territorial salientou a importancia destes traballos ao tratarse dun edificio "de gran valor histórico, que está catalogado Ben de Interese Cultural"
  • Estanse a substituir un total de 237 ventás, 18 portas balconeiras e outras 5 portas de entrada por outras novas de madeira de castaño que se fabricaron nun taller especializado

Ourense, 12 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá o estado das obras de mellora de eficiencia e a funcionalidade do Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, que contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€; o que supuxo dende 2009 unha cantidade total de 2,4 M€ nas melloras educativas desolvidas no concello de Celanova.

O delegado territorial salientou a importancia destes traballos ao tratarse dun edificio "de gran valor histórico, que está catalogado Ben de Interese Cultural" así como a envergadura dos mesmos "posto que se están a substituir un total de 237 ventás, 18 portas balconeiras e outras 5 portas de entrada" por outras novas de madeira de castaño que se fabricaron nun taller especializado.

Manuel Pardo explicou que as obras que se están levando a piques consisten na previa desmontaxe da carpintería de madeira existente para  instalar outra nova de madeira laminada de castiñeiro, con tratamento por inmersión, e tratamentos superficiais para exteriores, con acabado en tonalidades similares ás existentes e colocación de vidros de dobre acristalamento con cámara de aire con argon, e contraventás de taboleiro de madeira rechapado en madeira de castiñeiro lacada.

Así tamén se está a levar a cabo a colocación de remates de albardillas de zinc en alfeizares de xanelas e como proteccións de augas de escorrentía das carpinterías de fachada. Do mesmo xeito estanse a executar traballos de albanelería e acabados precisos para a execución de todas as operacións de substitución de carpinterías, incluíndo apertura de xuntas ou rozas en pedra, rebaixes en pedra para axuste de carpinterías e pintura para a reparación e remates das zonas de actuación onde se substitúen as carpinterías, procedendo a deixar os remates perfectamente rematados e en perfecto estado estético.

O delegado territorial explicou que estas obras se enmarcan no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para o deseño dos centros post-covid. Este Plan configúrase como guía mestra de todas as intervencións que se están a facer nos centros educativos galegos apostando por uns centros de ensino mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías de ensino, máis sustentables e máis confortables para profesorado e alumnado.

As actuacións que se están a desenvolver nos centros xiran arredor de seis eixos de actuación que son o encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior dos centros, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321159 {"title":"O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de mellora de eficiencia e funcionalidade do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278567\/iStock-intelixencia_artificial.jpg","id":"321159"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321159-delegado-territorial-da-xunta-supervisa-estado-das-obras-mellora-eficiencia-e-funcionalidade-do-ies-celso-emilio-ferreiro-celanova https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.