O Plan de incendios forestais (Pladiga) conta este ano con máis de 7.000 efectivos e 34 cámaras de vixilancia permanente

Imagen del artículo O Plan de incendios forestais (Pladiga) conta este ano con máis de 7.000 efectivos e 34 cámaras de vixilancia permanente

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial presidiu esta mañá o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Pontevedra no que participaron todos os organismos involucrados na loita contra o lume
  • Reguera lembrou que Galicia está hoxe "mellor preparada que nunca" para facer fronte aos lumes que aparezan durante o verán

Pontevedra, 12 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu esta mañá o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Pontevedra no que participaron representantes dos distintos organismos afectados polos incendios forestais, entre eles as forzas de seguridade do estado e os técnicos da delegación da Xunta en Vigo e Pontevedra. 

Durante a reunión todos os presentes repasaron os focos de incendio declarados ata o momento e as súas consecuencias e lembraron a importancia de estar preparados para afrontar os meses de verán. 

Neste sentido, cabe destacar que o Plan de Incendios Forestais (PLADIGA) deste 2024 conta con máis de 7.000 efectivos en Galicia entre Bombeiros Forestais, medios municipais, autonómicos e estatais. 

Todo iso complementado con tres bases de helicópteros e un sistema de vixilancia activa, permanente e continua de 17 localizacións e 34 cámaras na provincia de Pontevedra.

Cabe destacar a importancia destes comités para mellorar a coordinación das distintas entidades que interveñen na extinción e prevención dos incendios forestais e que mediante estes encontros poden traballar xuntos na superación dos distintos retos que se presentan cada verán. 

O delegado territorial rematou a reunión agradecendo o "indispensable traballo" que leva a cabo cada organismo e desexando "un verán tranquilo e sen lumes que destrúan o impresionante patrimonio natural que temos en Galicia". Reguera aproveitou para lembrar que "pese a que cada ano temos que lamentar a queima de varias hectáreas de monte, os servizos de extinción están hoxe máis preparados que nunca para afrontar os retos da época estival". 

Por último, todos os participantes coincidiron na necesidade de trasladar á cidadanía a importancia do seu papel como vixiante do monte. "Os galegos e galegas teñen que ser colaboradores activos na loita contra o lume. É importante que avisen de calquera avistamento de fume no monte a través o 112 ou do 085", concluíu Agustín Reguera. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321158 {"title":"O Plan de incendios forestais (Pladiga) conta este ano con máis de 7.000 efectivos e 34 cámaras de vixilancia permanente","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321158"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321158-plan-incendios-forestais-pladiga-conta-ano-mais-7-000-efectivos-e-34-camaras-vixilancia-permanente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.