A Xunta destinou preto de 300.000 euros á mellora das infraestruturas rurais de Castroverde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, participou na inauguración do acondicionamento e ampliación do Centro Multiusos e visitou tamén a reforma realizada na oficina rural desta localidade luguesa

Castroverde (Lugo), 12 de xullo de 2024

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, destacou hoxe o investimento da Xunta na mellora das infraestruturas rurais de Castroverde. Neste concello lugués, Atán participou na inauguración do acondicionamento e ampliación do Centro Multiusos e visitou tamén a oficina rural da localidade.

En relación co Multiusos, esta edificación recibiu unha axuda Leader de 200.000 euros, a través do GDR 4 ADR Comarca de Lugo e xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que permitiu dotala cun amplo local de máis de 200 m² de superficie útil. Este espazo está pensado para acoller numerosos actos de carácter sociocultural que ata o de agora non tiñan un lugar adecuado para celebrarse.

Ademais, os traballos serviron tamén para acondicionar outros locais para asociacións, así como unha biblioteca municipal, unha sala de lectura e diversos almacéns de apoio. A maiores, instaláronse tamén uns aseos e un ascensor que comunica as dúas plantas do edificio.

Con respecto á oficina rural, Jorge Atán subliñou o investimento realizado pola Consellería para o seu acondicionamento xeral, que superou os 96.000 euros. Con este orzamento, realizáronse traballos de pintura en paredes e teitos, mellora térmica e da iluminación, reparación da carpintería interior e dotación dun posto de videoconferencia e de almacén.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321156 {"title":"A Xunta destinou preto de 300.000 euros á mellora das infraestruturas rurais de Castroverde","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103516-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321156"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321156-xunta-destinou-preto-300-000-euros-mellora-das-infraestruturas-rurais-castroverde https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.