A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Lobeira de cara a dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • É o décimo quinto concello de Galicia, e o sétimo da provincia de Ourense, en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes
  • O Plan de Lobeira, que conta cunha poboación de 768 habitantes, establece un total de 27 núcleos rurais repartidos en 8 parroquias, e identifica e cataloga 229 elementos do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnolóxico
  • A Xunta xa ten aprobados definitivamente catro plans básicos municipais e está a traballar noutros 20, entre os que se inclúe o de Lobeira, destinando un orzamento total de preto de 2 M€
  • O departamento que dirixe Martínez Allegue seguirá traballando para desbloquear a tramitación da CHMS dos plans básicos municipais e avaliar cada caso concreto e analizar posibles solucións

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

A Xunta aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal (PBM) do Concello de Lobeira co obxectivo de dotalo dun instrumento eficaz e responsable de ordenación do territorio.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe en Santiago unha reunión co alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias, coincidindo coa firma da resolución pola que se aproba inicialmente o PBM e salientou que Lobeira é o décimo quinto concello de Galicia en obter a aprobación inicial, e o sétimo da provincia en superar este trámite.  

Martínez Allegue incidiu na importancia para a Administración local de dispor do PBM, por ser unha ferramenta que permitirá impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible aos municipios de menos de 5.000 habitantes para garantir un territorio ordenado.

Nesa liña, logo de indicar que tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva, a conselleira explicou que este plan do municipio de Lobeira, que conta cunha poboación de 768 habitantes, establece un total de 27 núcleos rurais repartidos nun total de 8 parroquias, 15 tradicionais e 12 que combinan partes tradicionais e comúns.

A maiores, o PBM de Lobeira tamén identifica e cataloga os 229 elementos do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnolóxico, nos que se inclúen seis escudos asociados a outros elementos do catálogo como bens de interese cultural de tipo arquitectónico declarados Ben de Interese Cultural (BIC); oito son bens de interese cultural de tipo etnográfico de patrimonio cultural de Galicia, e 16 bens arqueolóxicos catalogados sitos en concellos limítrofes con afección sobre o Concello de Lobeira.

Bloqueo da CHMS á aprobación dos PBM

A Xunta xa ten aprobados definitivamente catro plans básicos municipais -os do Páramo, Trabada, Riotorto e Ribeira de Piquín- e está a traballar noutros 20, entre os que se inclúe o de Lobeira. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destina un orzamento de preto de 2 millóns de euros á redacción dos distintos documentos e á elaboración da cartografía que levan aparellada co obxectivo de contar cun instrumento vital para protexer e poñer en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo deses concellos de menos de 5.000 habitantes.

No encontro mantido hoxe en San Caetano abordaron tamén os problemas que están a topar distintos concellos na provincia de Ourense e de Lugo que están a tramitar o Plan Básico Municipal coa tramitación do informe sectorial da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Unha situación que se está a dar tamén co organismo de conca estatal no caso da tramitación de distintos plans xerais de ordenación municipal (PXOM).

Martínez Allegue amosou a disposición da Xunta de seguir  traballando para desbloquear a tramitación dos plans básicos municipais, na que se leva intentando tratar coa CHMS para avaliar cada caso concreto e analizar posibles solucións, ata o momento sen éxito.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321155 {"title":"A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Lobeira de cara a dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103180-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321155"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321155-xunta-aproba-forma-inicial-plan-basico-municipal-lobeira-cara-dotar-concello-dun-instrumento-eficaz-ordenacion-do-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.