A Xunta visita os proxectos financiados pola cooperación galega en Bolivia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral está a coñecer de primeira man os proxectos desenvolvidos no país a través de entidades como UNICEF, Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois, Fundación Entreculturas Fe e Alegría, Fundación Taller de Solidariedade e Médicos do Mundo
  • A Xunta leva investidos máis de 6,9M€ a través dos cinco Plans Directores da Cooperación Galega en países prioritarios como Bolivia

Santa Cruz da Serra (Bolivia), 12 de xullo de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, visita estes días Bolivia para coñecer os proxectos que a Xunta financia neste país a través dos fondos de cooperación para o desenvolvemento. As iniciativas están a ser executados por entidades como UNICEF, Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois, Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e Médicos del Mundo.

Os obxectivos da viaxe ao país boliviano, ademais de coñecer de primeira man os proxectos financiados pola Xunta, pasan tamén por reunirse coas organizacións que lideran as accións e coas autoridades locais que os apoian, así como escoitar as valiosas apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos.

O percorrido iniciouse en Cochabamba onde a delegación galega visitou o Centro de Saúde SEDES no que UNICEF promove accións de vacinación contra o coronavirus, a poliomielitis e o sarampelo para os departamentos da Paz, Cochabamba e Pando.

Os representantes de UNICEF explicaron como, a través do proxecto financiado pola Xunta no marco da iniciativa COVAX, mellorou o acceso da poboación a servizos de vacinación contra o coronavirus, para o caso das persoas adultas e no caso de menores de cinco anos, contra o sarampelo e poliomielitis, a través da posta en marcha de campañas de vacinación e accións de comunicación social. Conseguíronse fortalecer as accións de vacinación no ámbito de intervención, desenvolvendo campañas de vacinación que incluíron a instalación de puntos de vacinación e a mobilización de brigadas para que chegasen a zonas e comunidades afastadas, beneficiando co proxecto a case de 325.000 persoas.

Desde Cochabamba, Jesús Gamallo trasladouse a Santa Cruz da Serra para coñecer o traballo que está a levar a cabo Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois e o seu socio local, a Fundación Intercultural NOR SUD, nese departamento grazas ás achegas da Cooperación Galega.

O proxecto financiado pola Xunta céntrase en fortalecer o sistema público de saúde (Rede Este) do municipio de Santa Cruz da Serra ante futuras situacións de emerxencia sanitaria, a través da mellora integral da atención en saúde primaria e preventiva en Bolivia.

Ademais, estase a consolidar en seis unidades veciñais e dez centros educativos unha estratexia participativa de IEC (información, educación e comunicación) baixo o enfoque de xénero, de dereitos humanos e fortalecemento comunitario. Tamén se está a mellorar a capacidade resolutiva de catro centros de atención primaria e oito postos de saúde, e a fortalecer os mecanismos de coordinación dos hospitais dentro da rede de saúde e do Plan 3000, para a promoción de campañas sanitarias e de protección social fronte a pandemias e as súas consecuencias.

No día de hoxe a delegación galega trasladarase a Charagua para visitar os proxectos que está a executar na zona a Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade.

Bolivia, un país estratéxico para a Cooperación Galega

Bolivia é considerado un país estratéxico para a Cooperación Galega polo seu vínculo histórico e pola tradicional presenza e traballo desenvolto por numerosos axentes galegos de cooperación neste Estado.

O seu carácter prioritario aparece recollido nos Plans Directores que rexen a política pública de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia dende o 2006 ata este momento, o que explica o volume de axuda canalizada ao país  neste período. Tanto é así que o importe destinado a este Estado acadou case os 7 millóns de euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321066 {"title":"A Xunta visita os proxectos financiados pola cooperación galega en Bolivia","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278564\/20240710FotoConselleiraConferenciaSectorialInfanciaAdolescencia.jpg","id":"321066"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321066-xunta-visita-os-proxectos-financiados-pola-cooperacion-galega-bolivia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.