Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra colaboran na campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As farmacias serán parte dunha rede de alerta temperá que permitirá coñecer os posibles incrementos significativos de picaduras de insectos e avaliar se son debidos ao mosquito tigre
  • Difúndense recomendacións para non contribuír á proliferación desta especie, evitar a súa picadura e fomentar o uso da app Mosquito Alert
  • Este ano refórzase o número de Concellos que colaboran coa Rede Galega de Vixilancia de Vectores na provincia de Pontevedra co fin de estudar a posible expansión do vector
  • As actuacións encádranse na campaña de información e formación que desenvolve a Dirección Xeral de Saúde Pública e que tamén inclúen os centros de saúde 

Pontevedra, 12 de xullo de 2024

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, inicia unha campaña de información en farmacias sobre a prevención e o control do mosquito tigre ou Aedes albopictus.

A subdirectora xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria, Inés Mato Naveira, xunto coa presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Beatriz García Iglesias, presentaron no día de hoxe a campaña na sede do Colexio en Pontevedra.

Con esta campaña, a Xunta, como xa fixera o ano pasado, volve poñer de manifesto a relevancia da colaboración cidadá para o control deste vector de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou Zika. 

Mediante esta iniciativa trasládanse as recomendacións para non contribuír á proliferación do mosquito tigre, evitar a súa picadura e fomentar o uso da app Mosquito Alert, coa que se permite enviar fotografías de mosquitos detectados, posibles lugares de cría e mesmo picaduras de mosquito para que sexan validadas por expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), grazas ao convenio subscrito entre a Xunta e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

O ano pasado reportouse a presenza do mosquito tigre nos concellos de Moaña, Vigo, Cangas, Redondela e Vilaboa. A vixilancia establecida pola ReGaViVec abarca este ano a máis concellos da contorna co fin de estudar a posible expansión do mesmo. No que vai de ano 2024, unicamente se detectou na aplicación Mosquito Alert en Moaña e en Vigo, mentres que no trampeo da rede só se detectou nas mostras recibidas do concello de Moaña.

Comité Técnico do Mosquito Tigre

Así mesmo, e continuando coas medidas de xestión, este xoves celebrouse o segundo Comité Técnico do Mosquito Tigre de 2024. Nel, os diferentes organismos informaron do estado actual da situación do mosquito Aedes albopictus en Galicia.

A esta xuntanza asistiron profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública do ámbito da epidemioloxía e saúde ambiental, investigadores expertos en entomoloxía da USC e UVigo, profesionais da área de Gandaría da Consellería do Medio Rural, representantes de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, de Emerxencias 112-Galicia, da área sanitaria de Vigo, da Dirección Territorial de Sanidade de Pontevedra e dos concellos de Moaña e Vigo.

Desde o comité volveuse incidir na importancia da concienciación cidadá para a eliminación de focos de cría en recintos particulares e a participación cidadá realizada a través da plataforma Mosquito Alert, coa que colabora a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), integrada polas Consellerías de Sanidade e Medio Rural, ademais das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

A próxima reunión do comité será a mediados do mes de agosto, sempre que non sexa necesario que se convoque de forma extraordinaria.

Na páxina web do departamento sanitario autonómico facilítase información detallada sobre o mosquito tigre así como os carteis e trípticos da campaña presentada hoxe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321065 {"title":"Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra colaboran na campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278567\/20240711+visita+Asfedro+1.JPG","id":"321065"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321065-sanidade-e-colexio-farmaceuticos-pontevedra-colaboran-na-campana-informacion-farmacias-prevencion-e-control-do-mosquito-tigre https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.