A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo co obxectivo de rematalas a mediados do 2025 cun investimento de 14,8 M€

Imagen del artículo A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo co obxectivo de rematalas a mediados do 2025 cun investimento de 14,8 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Actúase sobre unha superficie de case 7.000 m2 para transformar o antigo edificio da Audiencia Provincial nun inmoble funcional e acolledor, adaptado ás necesidades dos profesionais sanitarios e cómodo e accesible aos usuarios
  • Na rehabilitación do edificio destaca a renovación das fachadas onde a luz natural cobra especial importancia, a instalación dun sistema de ventilación e protección fronte ao radón en cumprimento da nova normativa, e o coidado da eficiencia enerxética
  • Martínez Allegue pon o acento nas varias peculiaridades desta infraestrutura sanitaria, como unha boa instalación de gases medicinais, un sistema de comunicación con enfermería con chamadas acústico-luminosas, e a gran calidade dos acabados interiores
  • O conselleiro de Sanidade subliñou que o novo CIS suporá "un antes e un despois na asistencia sanitaria da cidade" e que mellorará significativamente a calidade asistencial das máis de 42.000 persoas que contarán cunha tarxeta sanitaria adscrita a este centro

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo, co obxectivo de rematalas a mediados do vindeiro ano 2025 cun investimento de 14,8 millóns de euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, supervisaron hoxe a marcha dos traballos, xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Segundo indicou a conselleira, a obra que está a executarse desde o departamento que dirixe, por encomenda do Sergas, transformará o antigo edificio da Audiencia Provincial, na rúa Lalín de Vigo, "nun inmoble funcional e acolledor para o seu novo cometido", contribuíndo ao desenvolvemento das novas infraestruturas sanitarias.

Trátase dunha intervención, sobre unha superficie de case 7.000 metros cadrados, que tal e como precisou a conselleira vai collendo forma, estando xa executada arredor do 20 %  da obra.

Martínez Allegue fixo fincapé sobre o coidado das obra do CIS Olimpia Valencia, "que deben adaptarse ás necesidades dos profesionais sanitarios que van desenvolver este novo espazo, a súa actividade; e tamén ofrecer un espazo cómodo e accesible aos usuarios".

Con estas premisas, as obras iniciadas hai pouco máis dun ano, co baleirado e remodelación do interior deste edificio, construído a finais dos anos 90, implican unha rehabilitación que suporá a renovación das fachadas e onde a luz natural cobrará especial importancia. Ademais, segundo apuntou a conselleira, contará coa instalación dun sistema de ventilación e protección fronte ao radón en cumprimento da nova normativa

Martínez Allegue puxo o acento, tamén, no coidado da eficiencia enerxética nesta obra. Neste sentido, o novo edificio contará con dobres acristalamentos, con control solar e baixa emisividade; luminarias con tecnoloxía LED, detectores e tamén con sensores que optimizan o emprego da luz natural (climatización e aerotermia). As cubertas contarán con pantallas acústicas para a atenuación do son.

Ademais ao tratarse dun edificio sanitario, esta infraestrutura  contará cunha instalación de gases medicinais, un sistema de comunicación con enfermería con chamadas acústico-luminosas. A conselleira destacou a gran calidade dos acabados interiores, con gran facilidade de mantemento e limpeza.

Martínez Allegue incidiu así na funcionalidade e que o inmoble "sexa un espazo o máis agradable posible" para os traballadores e os usuarios do CIS Olimpia Valencia, que conta cun presuposto de 14,8 M€ e que se espera estea rematado a mediados do próximo ano, 2025.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, destacou a importante mellora que suporá esta nova infraestrutura sanitaria para as máis de 42.000 persoas que contarán cunha tarxeta sanitaria adscrita a este centro.


Así, e segundo subliñou Gómez Caamaño, o novo centro integral de saúde é un fito que suporá "un antes e un despois na asistencia sanitaria da cidade". Trátase, dixo, dun proxecto que non só implica un cambio de paradigma, senón tamén unha maneira de proporcionar saúde aos cidadáns, no sentido en que se combinan nun só edificio a urxencia, a atención primaria e as diferentes especialidades médicas.

"Non só se vai gañar en espazo, senón que se vai gañar en humanización, en funcionalidade e en prestacións sanitarias", abundou.

 
Lembrou que o CIS Olimpia Valencia se enmarca na estratexia da Consellería de proporcionar infraestruturas sanitarias de vangarda, "empáticas cos pacientes, eficientes co sistema, sostibles co medio ambiente e afables cos profesionais".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321064 {"title":"A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo co obxectivo de rematalas a mediados do 2025 cun investimento de 14,8 M€","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321064"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321064-xunta-avanza-nas-obras-do-centro-integral-saude-olimpia-valencia-vigo-co-obxectivo-rematalas-mediados-do-2025-cun-investimento-14-8-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.