A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€

Imagen del artículo A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano
  • Esta convocatoria de axudas lanzada en abril de 2023 dispón dun orzamento total de máis de 6,2M€

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

A Xunta concedeu 167 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas de servizos de transporte por estrada, cun orzamento de 741.600 euros, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia. Trátase das subvencións concedidas do 1 de marzo ao 30 de xuño deste ano, no marco da convocatoria lanzada en abril do 2023 e dirixida a autónomos e Pemes do sector, dotada con máis de 6,2 millóns de euros.

O obxectivo da iniciativa é incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector.

Así, dentro das distintas categorías de solucións de modernización das empresas do sector, outorgáronse nesta cuarta quenda 165 axudas dirixidas á implantación de sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración. Das dúas axudas restantes, unha destinouse á integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión e outra á xestión de documentos de control electrónicos.

Unha vez ditada esta resolución de concesión da axuda, o beneficiario recibirá un cheque moderniza, pola contía correspondente á actuación para a que solicitou a axuda. No suposto de presentar dúas solicitudes para dúas categorías diferentes, recibirá dous cheques moderniza. O prazo máximo para a formalización dos Acordos  de Prestación de Solucións de Modernización é de tres meses desde a notificación da resolución de concesión.

A medida impulsada pola Xunta enmárcanse no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
320876 {"title":"A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"320876"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/320876-xunta-concede-167-novas-axudas-modernizacion-e-dixitalizacion-das-frotas-transporte-viaxeiros-e-mercadorias-cun-investimento-741-600 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.