A Xunta destaca a calidade dos viños da do Monterrei e reafirma o seu apoio ao sector vitivinícola galego
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Verín (Ourense), 11 de xullo de 2024
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou esta tarde a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, situada na localidade ourensá de Verín.
Neste acto, no que estivo acompañado polo presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago, o director da Agacal salientou o pulo e a calidade dos viños galegos en xeral e dos de Monterrei en particular, e reiterou o compromiso da Xunta co desenvolvemento do sector vitivinícola, a través da formación, fomento e promoción.