A Xunta eloxia o "crecente e consolidado" atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

Imagen del artículo A Xunta eloxia o crecente  e consolidado atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival
  • María Quintiana puxo en valor a instalación dunha Área de Igualdade con actividades de concienciación e sensibilización e un punto lila e arco iris para atender e asesorar ás persoas que o precisen

Ortigueira (A Coruña), 11 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a directora de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron hoxe xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na presentación da nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira onde salientaron o seu "crecente e consolidado" atractivo turístico e cultural internacional e o evento máis multitudinario da música celta e folk de España, que na última edición contou cunha asistencia de 100.000 personas.

Xosé Merelles quixo felicitar á organización do Festival de Ortigueira polos 21 concertos e os 22 pasarrúas que este ano encherán de vida a vila de Ortigueira ata o vindeiro domingo e salientou o apoio da Xunta de Galicia a esta festividade como unha das 15 festas de interese turístico internacional da Comunidade galega e fixo referencia á capacidade para atraer visitantes de distintas partes do mundo. Tamén subliñou a importante axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela á cita internacional convertendo estes días Ortigueira no núcleo da cultura celta e a música folk en Galicia e España.

Pola súa banda, María Quintiana destacou a aposta deste ano da organización pola programación de bandas femininas a nivel galego e internacional. Así, subliñou os tres grupos integramente conformados por mulleres, Scottish Fish, Kinnaris Quintet e Fillas de Cassandra.

Neste sentido, puxo en valor a aposta da Xunta por instalar un Área de Igualdade e un punto lila e arco iris no Festival de Ortigueira, por ser un dos que ten unha maior afluencia no verán galego. Unha iniciativa, grazas á colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Turismo de Galicia, que ofrece actividades de concienciación e aprendizaxe, ademais de contar cunha parte privada para as persoas que precisen ter unha atención máis tranquila e confidencial. Ademais, este festival, grazas á colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, tamén disporá dunha plataforma para persoas con mobilidade reducida (PMR), co obxectivo de promover un ambiente seguro e accesible para todos os asistentes.

Programa

Entre tanto, Xosé Merelles destacou o Festival na Rúa, onde os visitantes e veciños de Ortigueira poden gozar de música en directo da man de agrupacións de distinta índole chegadas desde Galicia, pero tamén desde Barcelona, O Bierzo, Asturias, Bretaña e Escocia. Estes pasarrúas culminarán o domingo co Desfile dás Nacións Celtas, "unha cita ineludible para entender e apreciar os distintos matices da música celta celebrando as súas raíces e tradicións", apuntou.

A isto hai que engadir os talleres que se impartirán no IES Ortigueira; o Laboratorio de Creación de Cantigas Novas; o Festival no Teatro, con concertos de pequeno formato; a charla 'As Orixes da Cultura Celta en Galicia', que será impartida polo lingüista, historiador e investigador Ramón Sainero, e a exposición das mellores propostas do Concurso de Carteis do Festival de Ortigueira 2024. Tamén, a Feira de Artesanía será outro dos focos deste Festival Internacional.

Nesta edición, a organización da cita, que leva traballando meses no seu deseño e montaxe, quixo contar con grupos de referencia do panorama celta, prestando unha especial atención aos galegos e ás novas correntes do folk mundial.

Así, este xoves o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará coa participación de Bagad Brieg, Picarós, Alana, Buíoch, Scottish Fish e Cúig. Mañá venres, continuarase coa música de Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira, Kinnaris Quintet, Fillas de Cassandra, BackWest e Green Lads. O sábado, a música poraa Ailá, Capercaillie, Dervish, NoGood Boyo e Aroze, e o domingo, fin da cita, será a quenda da Asociación Cultural Donaire, Muro Kvartet, José Manuel Tejedor e Böj.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
319108 {"title":"A Xunta eloxia o \"crecente e consolidado\" atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"319108"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/319108-xunta-eloxia-crecente-e-consolidado-atractivo-turistico-internacional-do-festival-ortigueira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.