A Xunta convoca axudas por 34,1 M€ para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións coas convocatorias plurianuais de tres programas de subvencións en materia de rehabilitación residencial
  • Os interesados poden presentar as súas solicitudes desde mañá e ata o 13 de setembro, agás no caso das axudas para a rehabilitación a nivel de edificio, que conta co prazo de 1 mes
  • Este é o terceiro ano consecutivo que o Instituto Galego da Vivenda e Solo xestiona este tipo de incentivos económicos, financiados con cargo a fondos europeos
  • Entre 2021 e 2023 concedéronse axudas para a mellora da eficiencia enerxética de 22.000 vivendas por importe de 118 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

A Xunta convocou hoxe tres liñas de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, en edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación por un orzamento global de 34.140.439 euros.

A partir de mañá e ata o vindeiro 13 de setembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a estas subvencións, que se financian con fondos europeos do programa Next Generation UE e foron convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por primeira vez no 2022.

Concretamente e segundo se recolle hoxe nas resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética de edificios de vivendas de tipoloxía colectiva contará cun orzamento de 28.568.052 euros.

Polo que respecta á liña dirixida á rehabilitación de vivendas individuais en edificios residenciais colectivos, o orzamento será de  3.500.617 euros. Finalmente, o programa de axudas para a elaboración do libro do edificio contará cunha dotación de 2.071.770 euros para esta convocatoria de 2024.

Os interesados nestas convocatorias poden presentar as súas solicitudes desde mañá e ata o 13 de setembro, agás no caso das axudas para a rehabilitación a nivel de edificio, que contan co prazo dun mes.  Neste enlace ao DOG pode consultarse a información.

 Cómpre sinalar que entre 2021 e 2023 desde a Xunta concedéronse axudas para a mellora da eficiencia enerxética de 22.000 vivendas por importe de 118 millóns de euros.

Edificio

As axudas para a mellora enerxética de edificios están destinadas a inmobles de tipoloxía residencial colectiva e a vivendas unifamiliares nos que, grazas ás obras para as que se solicita subvención, debe conseguirse unha redución de, polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable e, ademais, unha diminución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de entre o 25 % e o 35 %, segundo a zona onde estea emprazado o inmoble en cuestión.

A estas axudas poden optar tanto individualmente as persoas propietarias das vivendas, como as cooperativas, comunidades de veciños e empresas arrendatarias ou concesionarias dos inmobles.

En función do aforro enerxético acadado, a porcentaxe da axuda oscila entre o 40% e o 80% do custo da actuación, cun límite de entre 6.300 e 18.800 euros por vivenda. Os locais comerciais ou de outros usos existentes no inmoble poden recibir entre 56 e 168 euros por metro cadrado.

Vivenda

En canto ás axudas do programa de actuacións a nivel de vivenda, están destinadas á mellora enerxética de vivendas de forma individual, tanto se son unifamiliares como se forman parte de inmobles residenciais colectivos. Os obxectivos de eficiencia que se deben acadar con estas axudas son menores que os esixidos no caso da liña de edificios, polo que se trata de axudas máis apropiadas para a realización de obras de menor entidade, como o cambio da carpintería exterior e ventás. Así, establécese como requisito que se debe obter unha redución da demanda enerxética de polo menos un 7%.

Estas subvencións van dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas e o importe a percibir será do 40% do custo da actuación —a partir dun investimento de 1.000 euros—, cun límite máximo de 3.000 euros por axuda.

Libro do edificio e redacción de proxectos

Por último, convócanse tamén as axudas para a elaboración do libro do edificio existente e para a redacción de proxectos de rehabilitación integral de edificios, destinadas a propietarios ou usufrutuarios dos inmobles, comunidades veciñais e cooperativas.

Para beneficiarse deste programa, os inmobles obxecto de rehabilitación teñen que estar rematados antes do ano 2000 e polo menos o 50% da superficie construída sobre rasante debe ter uso residencial. Quedan excluídas do cómputo a planta baixa ou plantas inferiores se teñen outros usos compatibles.

A axuda para o libro do edificio é de 60 euros por vivenda e unha contía fixa de 700 euros —en caso de que se trate de vivendas unifamiliares e inmobles colectivos de ata 20 vivendas— ou de 40 euros por vivenda, máis un fixo de 1.100 euros —para edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas—. O límite máximo da axuda é de 3.500 euros.

Polo que respecta á elaboración de proxectos de rehabilitación, a contía da subvención tamén variará en función do tamaño do inmoble: 700 euros máis un fixo de 4.000 euros no caso de vivendas unifamiliares e inmobles colectivos de ata 20 vivendas; ou ben 300 euros por vivenda e 12.000 euros, cando se solicite para inmobles de máis de 20 vivendas. Neste caso, o límite a percibir sitúase en 30.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/07/2024
318630 {"title":"A Xunta convoca axudas por 34,1 M€ para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103518-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"318630"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318630-xunta-convoca-axudas-34-1-m-mellorar-eficiencia-enerxetica-vivendas-e-edificios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.