As axudas da Xunta para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías suman 70 beneficiarios no segundo trimestre deste ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das concesións, que representan un importe superior a 1,6 millóns de euros
  • A meirande parte das subvencións destináronse a achatarremento, con 64 concedidas, e as seis restantes á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de axudas concedidas pola Xunta para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada no segundo trimestre de 2024, que suman 70 subvencións por un importe global superior aos 1,6 millóns de euros.

Do total das axudas, 64 destináronse a achatarramento e as seis restantes foron para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono

Trátase da sétima relación dos expedientes concedidos no marco da orde do 30 de marzo de 2022, reguladora destas axudas dirixidas a empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada ou empresas que realicen transporte privado complementario, co obxecto de transformar as súas frotas favorecendo a descarbonización e a aposta por tecnoloxías verdes.

A medida contou cun crédito inicial de 12,8 millóns de euros, que, ante a boa acollida da iniciativa, foi incrementado en diferentes ocasións ata sumar preto de 29,5 millóns de euros. Prevese ademais unha nova ampliación do orzamento ata os 30,8 millóns de euros.

Estas axudas encádranse no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, son xestionadas polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e abranguen catro liñas de actuación diferentes: o achatarramento de vehículos; a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono; a implantación de infraestruturas de recarga de vehículos; o retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos e a adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
318372 {"title":"As axudas da Xunta para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías suman 70 beneficiarios no segundo trimestre deste ano","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103460-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"318372"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318372-as-axudas-da-xunta-transformacion-frotas-transporte-viaxeiros-e-mercadorias-suman-70-beneficiarios-trimestre-deste-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.