Román Rodríguez subliña que a avaliación de estudos como PISA é imprescindible para mellorar o ensino

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Sinala a súa utilidade para medir o éxito das políticas públicas no ensino e planificar os reforzos que encamiñen o sistema cara á excelencia académica
  • Destaca o liderado de Galicia en ciencia, pensamento creativo e equidade, que amosa que calquera alumno logra un bo rendemento sexa cal sexa a súa situación persoal

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe a avaliación que realizan estudos como o informe PISA como a mellor ferramenta para a mellora do sistema educativo. Fíxoo na inauguración do foro de alto nivel A avaliación educativa de hoxe: perspectivas a medio e longo prazo, desenvolvido en colaboración coa Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) e que reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 directores de centros de ensino, inspectores e docentes. O obxectivo do encontro, ao que asiste tamén a directora xeral de Ordenación e innovación Educativa, Judith Fernández, é facer unha análise exhaustiva deste informe, da súa metodoloxía e procedementos, e de como esta ferramenta de avaliación pode empregarse para mellorar o sistema.

Tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta, a avaliación é parte dun proceso permanente e personalizado que permite "medir o éxito da estratexia no ensino e fixar os reforzos que encamiñen a acadar o obxectivo de excelencia". "Os datos das avaliacións son o combustible que facilita a transformación do sistema", afirmou.

Román Rodríguez sinalou o informe PISA como unha das principais ferramentas para introducir melloras no sistema e salientou o éxito de Galicia neste estudo grazas ao traballo dos docentes e á estabilidade nas políticas públicas na nosa Comunidade. "No último informe, referido ao ano 2022, situámonos como líderes en equidade, ciencia e pensamento creativo e por riba da media da OCDE en todas as variables", detallou. Segundo PISA, "en Galicia calquera estudante logra un bo rendemento sexa cal sexa a súa situación social, económica ou cultural", declarou sobre a igualdade de oportunidades.

Relatores de prestixio

O foro de alto nivel educativo que se celebra hoxe na capital de Galicia enmárcase no acordo asinado coa Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) para planificar accións conxuntas na promoción de programas de innovación educativa, que incluíu tamén un seminario iberoamericano sobre transformación dixital e intelixencia artificial na educación, celebrado recentemente, entre outras actividades.

O encontro conta coa presenza de relatores de prestixio que coñecen en profundidade o informe PISA. Así, a primeira intervención, O estado das avaliacións no sistema educativo español, corre a cargo de Vicente Alcañiz, responsable do Instituto Nacional de Avaliación Educativa; mentres que a segunda, Que é PISA e cal é o seu propósito? é impartida por Joaquín Vera, xefe de servizo no devandito instituto e data manager de PISA en España. Pola súa banda, o doutor en Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid Ismael Sanz é o responsable da presentación Reflexión sobre o último informe PISA, os seus resultados en Galicia e as perspectivas futuras.

O foro inclúe a participación de relatores do país veciño. O doutor en Educación e especialista en desenvolvemento curricular pola Universidade do Minho José Augusto Pacheco imparte a conferencia A formación docente para a mellora das aprendizaxes dos alumnos; mentres que o doutor en Educación e especialista en formación do  profesorado pola Universidade de Coimbra Carlos Manuel Folgado Barreira é o responsable do relatorio O éxito do 'caso portugués' en PISA.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/07/2024
318370 {"title":"Román Rodríguez subliña que a avaliación de estudos como PISA é imprescindible para mellorar o ensino","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278564\/20240710FotoConselleiraConferenciaSectorialInfanciaAdolescencia.jpg","id":"318370"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318370-roman-rodriguez-sublina-avaliacion-estudos-como-pisa-e-imprescindible-mellorar-ensino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.