A Xunta mantén o seu compromiso coa Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, e prepara novas actuacións de mantemento do centro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación explica que o investimento en melloras se eleva a máis de 225.000€, incluíndo a nova obra que se vai realizar para solucionar filtracións
  • O centro realiza un número importante de actividades e eventos e conta cunha destacada proxección internacional

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reafirmou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), en Vigo. Neste sentido, anunciou unha nova obra para solucionar, definitivamente, os problemas de filtracións que se producen na cuberta do teatro do centro, por importe de 45.000€ e que se acometerá antes do remate do ano. "Esta nova actuación eleva a máis de 225.000€ o investimento en mantemento e melloras do centro desde a súa inauguración en 2010", destacou. 

O titular do departamento educativo da Xunta incidiu en que se trata de pequenos axustes de conservación do inmoble, que non afectan en ningún caso á seguridade da comunidade educativa. Tal e como explicou, o tipo de cuberta do edificio, de carácter plano, ocasionou varios episodios de filtracións, que a Consellería está a solucionar coa máxima celeridade.

Román Rodríguez puxo en valor as instalacións deste centro, no que estudaron o pasado curso 157 alumnos, que conta cunha superficie total de 6.145 m² dotada, entre outros espazos, de vestiarios, salas de reunións, aulas de expresión dramática e un teatro cun aforo de 120 persoas, sobre o que se vai realizar a nova actuación de mantemento. 

Cómpre destacar que a ESAD realiza un número importante de actividades e eventos, entre eles a interpretación da Ópera Le Villi o presente curso en colaboración co Conservatorio Superior de Música da Coruña e outros centros da Comunidade Autónoma. Conta, ademais, cunha proxección internacional, participando activamente no programa de mobilidade Erasmus+.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316939 {"title":"A Xunta mantén o seu compromiso coa Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, e prepara novas actuacións de mantemento do centro","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103126-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316939"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316939-xunta-manten-seu-compromiso-coa-escola-superior-arte-dramatica-vigo-e-prepara-novas-actuacions-mantemento-do-centro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.