A Xunta defende un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna

Imagen del artículo A Xunta defende un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Pon en valor a declaración como proxecto industrial estratéxico da iniciativa de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, defendeu hoxe no Pleno da Cámara galega un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna natural. Fíxoo en resposta a unha pregunta oral sobre a declaración como proxecto industrial estratéxico da iniciativa de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino.

Lorenzana subliñou que este proxecto, que vai supoñer a creación de case 400 postos de traballo directos e propiciará a atracción de preto de 200M€, foi sometido aos informes do Consello Galego de Cámaras, dos concellos de Touro e do Pino, (da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade), da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, da Dirección Xeral de Urbanismo e do Igape. 

O cobre foi catalogado pola Unión Europea no ano 2023 como materia prima crítica polo incremento da demanda e as dificultades para aumentar a produción, tendo en conta que o 82% co que se traballa en Europa procede doutros países. A redución das importacións de cobre e o fomento do autoconsumo responsable é, polo tanto, outro dos beneficios que incorpora o proxecto, atendendo as directrices europeas e á Axenda de impulso da minería sostible 2030.

A conselleira asegurou que a previsión é que o desenvolvemento deste proxecto mineiro exerza de elemento de ancoraxe da cadea de valor da industria, tendo en conta que o cobre é unha materia prima esencial para o desenvolvemento dos sectores estratéxicos, como as enerxías renovables, o transporte, a construción, etc. Ademais, agárdase que sirva para asentar traballo e poboación no rural, para reter e atraer talento, e para crear oportunidades de futuro para a mocidade da comarca. 

En total, xa son oito os proxectos industriais declarados como estratéxicos, que implican máis de 2.000M€ en investimentos e máis de 4.000 empregos en Galicia. Uns proxectos que se incorporan no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, dentro da nova política industrial galega, dirixida a impulsar e facilitar a implantación e ampliación de investimentos industriais en Galicia e reducir os seus prazos, tendo en conta a súa relevancia e o seu interese.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316937 {"title":"A Xunta defende un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102735-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316937"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316937-xunta-defende-desenvolvemento-do-sector-mineiro-garantista-sustentable-e-respectuoso-coa-contorna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.