Alfonso Villares confirma ao sector pesqueiro que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da consellería

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca que se está traballando en iniciativas que melloren as condicións de traballo a bordo; que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria; ou que limiten o impacto da pesca e reduzan os efectos do cambio climático
  • Como exemplo do extraordinario labor desta Organización para garantir a viabilidade da actividade marítimo-pesqueira, Villares cita o recurso presentado ao veto da Comisión Europea á pesca de fondo, e que obtivo o apoio absoluto do Goberno galego

Burela (Lugo), 10 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, confirma que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da Consellería que dirixe. Así o manifestou na clausura da xornada Innovación e Tecnoloxía na Pesca, organizada pola OPP-7 de Burela, na que se puxo en valor o papel da formación como ferramenta fundamental para a actualización e desenvolvemento do sector; áreas nas que o uso das novas tecnoloxías son prioridades básicas para logralos.  O simposio foi inaugurado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.

Na súa intervención, o titular de Mar destacou que se está traballando en iniciativas que melloren a hixiene, a saúde e as condicións de traballo a bordo; que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria; que limiten o impacto da pesca e reduzan os efectos do cambio climático; e que aumenten a eficiencia enerxética e reduzan as emisións de CO2. E é que, segundo remarcou Villares, a modernización da frota será decisiva para mellorar a partir deste ano situacións como a dos vetos en augas da Unión Europea. O exemplo é o palangre de fondo que, malia ser unha das artes máis damnificadas neste senso, é, por exemplo, unha das máis respectuosas co medio mariño.

Co sector

Así, neste escenario, para o dirixente autonómico, a OPP-7 está demostrando unha excelente capacidade de anticipación, como así o proba a súa experiencia no traballos de negociación de normativas ou de representación sectorial, sendo interlocutor ante as administracións europea, nacional e autonómica, ao formar parte da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Altántico (ICCAT), do Consello Galego de Pesca ou da Confederación Española de Pesca. 

O exemplo máis recente, lembrou Alfonso Villares, é a presentación do recurso contra o veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias, e cuxa vista oral se celebrou a semana pasada, en Luxemburgo, e na que o Goberno galego rebateu todos os argumentos técnicos alegados pola Comisión e o Parlamento Europeo, pois o palangre demersal, destinado á captura de pescada como especie obxectivo non reúne as condicións sinaladas no Regulamento base, e esta modalidade non figura na clasificación establecida sobre protección dos ecosistemas mariños vulnerable de alta mar fronte aos efectos adversos da utilización de artes de fondo.

O conselleiro do Mar felicitou, por tanto, á Organización de Produtores Pesqueiros de Burela pola iniciativa e animou aos seus integrantes a seguir traballando na mesma senda que o vén facendo dende que foi creada en 1.986, co fin de contribuír á boa marcha da PPC e da Organización Común do Mercado marítimo-pesqueiro europeo. Esta OPP desenvolve hoxe un extraordinario labor no fomento do exercicio dunha actividade viable e sostible e aumentando a rendibilidade económica dos seus membros, evitando e reducindo capturas non desexadas e contribuíndo á rastrexabilidade dos produtos da pesca e o abastecemento de alimentos. En definitiva, segundo destacou o titular de Mar, un colectivo clave para incrementar o valor de conxunto da cadea mar-industria.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316936 {"title":"Alfonso Villares confirma ao sector pesqueiro que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da consellería","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103519-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316936"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316936-alfonso-villares-confirma-ao-sector-pesqueiro-modernizacion-da-frota-e-dos-eixos-prioritarios-da-conselleria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.