Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo
  • O Goberno autonómico ultima a Lei de cultura inclusiva e accesible para garantir o acceso a este tipo de actividades de toda a cidadanía
  • O programa 'CulturON' achega este verán máis de 30 actividades culturais diarias a 200 concellos da comunidade

Pontevedra, 10 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia do sector cultural para a conservación da identidade dun territorio, xa que permite transmitir de xeración en xeración as tradicións e a historia.

Así o fixo esta tarde no Museo de Pontevedra, onde o titular do Goberno galego, acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu á inauguración da exposición A Era das Fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía, unha mostra de pezas artísticas dos séculos XX e XXI vencelladas ao mundo dos contos e as fábulas que poderá visitarse ata o vindeiro 29 de setembro. 

Durante a súa intervención, Rueda salientou que a través deste mostra -organizada pola Deputación e o Museo de Pontevedra en colaboración coa Fundación María José Jove e o Musseo Thyssen-Bonermisza Art Contemporary e centrada no mundo da ficción-, os visitantes poderán coñecer mellor a realidade social da Galicia durante diferentes épocas da historia recente. 

A Xunta leva anos apostando por promover o sector cultural galego e facelo accesible para toda a cidadanía, en liña cos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible que o Goberno autonómico agarda ter en vigor antes de que remate o ano para garantir o acceso á cultura a toda a cidadanía. Ademais, de xeito paralelo, a Administración galega ten en marcha este verán o programa CulturON con máis de 30 actividades culturais diarias como música, teatro, circo ou promoción da literatura en 200 concellos. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316934 {"title":"Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103453-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316934"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316934-rueda-salienta-papel-da-cultura-hora-conservar-e-difundir-identidade-e-tradicions-dun-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.