A Xunta financia a renovación das instalacións dos mariscadores de Baldaio co fin de mellorar a produtividade do sector

Imagen del artículo A Xunta financia a renovación das instalacións dos mariscadores de Baldaio co fin de mellorar a produtividade do sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Alfonso Villares destaca o marisqueo como unha das actividades fundamentais para xerar emprego e riqueza en Galicia

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

A Consellería do Mar e a Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio asinaron un convenio co fin de financiar as actuacións dirixidas ao acondicionamento e mellora da caseta dos mariscadores de Baldaio, consistentes na actuación do tellado e a instalación de placas fotovoltaicas e acumuladores. O documento asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o representante da Asociación, Alberto Sánchez, recolle unha aportación por parte da administración autonómica de 35.500 euros para executar as accións previstas, entre as que están a ubicación de 12 novos paneis solares, a colocación dun panel sándwich no antigo tellado e a instalación de novas estruturas fotovoltaicas. 

Alfonso Villares incidiu en que a mellora deste espazo singular e a aposta polo marisqueo contribúen a crear emprego, xerar riqueza, dinamizar as vilas mariñeiras e fixar poboación na contorna. Nesta liña, tamén fixo un recoñecemento aos mariscadores que, co paso do tempo e con moito traballo, foron adquirindo unha importancia socioeconómica decisiva no complexo mar-industria e que seguen mantendo viva unha profesión que realiza unha inconmensurable aportación ao noso patrimonio cultural e mariñeiro. Ademais, Villares recalcou que desde o Goberno galego  se seguirá apostando por este tipo de iniciativas que axudan a mellorar a produtividade e que sitúan aos produtos pesqueiros nunha posición única nos mercados internacionais. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316123 {"title":"A Xunta financia a renovación das instalacións dos mariscadores de Baldaio co fin de mellorar a produtividade do sector","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316123"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316123-xunta-financia-renovacion-das-instalacions-dos-mariscadores-baldaio-co-fin-mellorar-produtividade-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.