A Xunta salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para equilibrar a protección e o uso sostible dos espazos naturais

Imagen del artículo A Xunta salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para equilibrar a protección e o uso sostible dos espazos naturais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Marisol Díaz subliña que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do Parque Nacional e aumentar a súa proxección nacional e internacional 
  • Os 140 participantes, que proceden de España, Portugal, Andorra, Italia e Portugal, percorrerán 23 quilómetros entre a illa de Ons e Combarro, en Poio

Vigo, 10 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para garantir o equilibrio entre a protección e o uso sostible dos espazos naturais da Comunidade.

Durante a presentación da proba que se desenvolverá o vindeiro 7 de setembro entre a praia de Area dos Cans, na illa de Ons, e Combarro, no Concello de Poio, a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, subliñou que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e aumentar a proxección nacional e internacional deste espazo protexido.

Nesa liña, a directora xeral incidiu no compromiso do Goberno galego con actividades que contribúan a promover a responsabilidade, o respecto e a conservación da contorna así como a concienciar da necesidade de protexer o medio ambiente.

Así, ao abeiro desta proba deportiva, desenvolveranse varias actividades en colaboración co parque nacional: unha ruta guiada pola illa de Ons; un concurso de fotografía para escoller as tres mellores imaxes da illa e unha recollida de residuos na praia de Area dos Cans, coa que, baixo o lema Mollámonos polo medio ambiente, se pretende promover a concienciación ambiental.

A maiores, cómpre indicar que durante a travesía a nado instalaranse contedores nos barcos de avituallamento para a recollida de refugallos dado que estará totalmente prohibido tiralos ao mar, en cuxo caso o nadador será descualificado.

Este ano celébrase a terceira proba da terceira edición da competición Tripla Coroa Illas Atlánticas de Galicia despois de que en 2022 tivese lugar a primeira actividade coa travesía entre Cíes e Baiona e o ano seguinte se celebrase entre Sálvora e Ribeira.

Nesta ocasión, os 140 participantes, que proceden de España, Portugal, Andorra, Italia e Portugal, percorrerán 23 quilómetros entre a illa de Ons e Combarro, no Concello de Poio, pasando por Tambo. Trátase da travesía máis longa das tres realizadas e a duración media estimada prevese que estea por encima das oito horas, o que dá mostra da esixencia desta travesía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316122 {"title":"A Xunta salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para equilibrar a protección e o uso sostible dos espazos naturais","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316122"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316122-xunta-salienta-proba-deportiva-tripla-coroa-illas-atlanticas-como-modelo-seguir-equilibrar-proteccion-e-uso-sostible-dos-espazos-naturais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.