A Xunta da a coñecer o 'Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte' nunha xornada formativa en Ferrol

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial, Martina Aneiros, manifestou o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia e incidiu na necesidade de garantir a seguridade e benestar dos menores neste ámbito 
  • Algo máis dunha trintena de persoas de clubs, federacións e agrupacións deportivas escolares da zona participaron na xornada que tivo lugar na Delegación Territorial de Ferrol

Ferrol, 10 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu esta tarde a última das xornadas formativas sobre a aplicación do Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte nas entidades deportivas organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Durante a sesión, que tivo lugar no salón de actos da Delegación e na que tomaron parte algo máis dunha trintena de persoas de clubs, federacións e agrupacións deportivas escolares da zona, a delegada territorial lembrou que o deporte é máis cunha actividade física "é un espazo onde se forxan valores como a disciplina, o respecto, a cooperación e a superación persoal". 

Aneiros incidiu na necesidade de garantir a seguridade e benestar dos menores neste ámbito e manifestou o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia, toda vez que "non só afecta á integridade física e emocional de quen a sofre, senón que tamén distorsiona os valores fundamentais que o deporte debe promover", dixo.

Aneiros deu conta dos 150 casos de violencia no deporte rexistrados no 2022 e puxo en valor neste contexto o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte, un documento aprobado pola Xunta a través do Observatorio Galego de Familia e Infancia o pasado mes de xuño e que se enmarca na Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

"Trátase dunha guía de actuación que nos permite crear contornas seguras e saudables para os nosos nenos, nenas e adolescentes, abordando as estratexias de prevención, os mecanismos de denuncia e resposta, así como as medidas de apoio ás vítimas", destacou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316120 {"title":"A Xunta da a coñecer o 'Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte' nunha xornada formativa en Ferrol","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102955-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316120"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316120-xunta-da-conecer-protocolo-proteccion-nenos-nenas-e-adolescentes-fronte-violencia-deporte-nunha-xornada-formativa-ferrol https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.