A campaña 'O teu mellor verán' da Xunta ofrece 1.110 prazas nos campamentos da provincia de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita o albergue Equal en Coles con 40 rapaces por quenda
  • A representante da Consellería de Cultura saúda tamén aos participantes no campo de voluntariado 'Viaxa pola Istoria' en Ribadavia no que participan 13 mozos de Galicia, Madrid, Estremadura, A Rioxa e Castela e León
  • A Administración autonómica ofrece 7.611 prazas para a mocidade de entre 9 e 17 anos e 695 no caso dos campos de voluntariado

Ourense, 10 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia ofrece este verán 1.110 prazas para nenos e nenas de 9 a 17 anos nos campamentos da provincia de Ourense. Así o explicou hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita ao albergue Equal, en Coles, que conta con 40 rapaces por quenda, no marco da campaña O teu mellor verán  que inclúe un total de 7.611 prazas para mozos entre 9 e 17 anos.

Nesta visita ao campamento Hípica e Teatro de Coles, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou o compromiso da Xunta de Galicia para ofrecer iniciativas de ocio para os mozos galegos. "Contamos cunha programación de calidade e diversa que é xa un referente en todo o Estado e inclúe propostas que van desde a expresión corporal ou as artes escénicas ata actividades deportivas", sinalou.

Por outro lado, a directora xeral de Xuventude visitou en Ribadavia o campo Viaxa pola Istoria, no que un total de 13 mozos de Galicia, Madrid, Estremadura, A Rioxa e Castela e León, colaboran no proceso de organización da Festa de Interese Turístico Nacional que se celebrará na localidade a finais do mes de agosto. Deste xeito, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que "esta modalidade conta na provincia de Ourense con 165 prazas que se suman ao total de 695 ofertadas en toda a nosa comunidade".

Tal e como indicou Lara Meneses, a oferta da provincia de Ourense forma parte da campaña que, baixo o lema O teu mellor verán, inclúe un total de 7.611 prazas nesta modalidade en toda Galicia. Trátase dunha cifra que, como engadiu, está incluída na programación estival da Xunta con 11.533 prazas en total, a maior convocatoria da súa historia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
316061 {"title":"A campaña 'O teu mellor verán' da Xunta ofrece 1.110 prazas nos campamentos da provincia de Ourense","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102180-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316061"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316061-campana-teu-mellor-veran-da-xunta-ofrece-1-110-prazas-nos-campamentos-da-provincia-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.