A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública

Imagen del artículo A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este servizo permite realizar tarefas de soporte e resolución de incidencias a aplicacións que xestionan a carpeta É-Saúde, os sistemas de información de xestión da incapacidade temporal, do transporte sanitario non urxente, da prestación ortoprotésica e a tarxeta sanitaria, entre outros
  • O pasado ano foron atendidas máis de 15.000 incidencias

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publicou no Portal de Contratos de Galicia a licitación da contratación dos servizos de soporte e probas das 53 aplicacións da área de programas especiais da sanidade pública por un orzamento base de 555.089 euros e o prazo dun ano.

As tarefas de soporte e resolución de incidencias de usuarios e validación e probas das aplicacións inclúen, entre outras, o sistema de incapacidade temporal, o rexistro de centros sanitarios, a solicitude de medicamentos en situacións especiais, a xestión da prestación ortoprotésica, o sistema de detección precoz de cancro, o rexistro galego de tumores, o sistema de xestión do transporte sanitario non urxente, o sistema de tarxeta sanitaria e a carpeta de saúde (É-Saúde), entre outros.

No ano 2023 atendéronse neste servizo máis de 15.000 incidencias e executáronse máis de 300 plans de probas dos distintos aplicativos recollidos no contrato.

O desenvolvemento destas aplicacións no sistema sanitario público galego foi iniciado hai máis dunha década pola Consellería de Sanidade para cubrir necesidades dentro da propia organización e tamén para a cidadanía e profesionais.

O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas remata o 5 de agosto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
315400 {"title":"A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"315400"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/315400-xunta-licita-mais-550-000-euros-soporte-informatico-medio-cento-aplicacions-programas-especiais-da-sanidade-publica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.