Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados

A Coruña, 10 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou, esta mañá, o centro terapéutico de Afaco (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de A Coruña) situado na avenida de Salvador de Madariaga para comprobar o funcionamento do mesmo e o traballo que realizan os profesionais que poñen os seus coñecementos e o seu traballo ao servizo dos enfermos que padecen esta doenza e das súas familias.

Na visita a delegada da Xunta informou aos responsables da entidade que a Xunta acaba de renovar o convenio que lles permitirá seguir empregando o centro terapéutico de Salvador de Madariaga durante outros catro anos máis. Asimesmo, lembrou que AFACO conta cun dos locais que se puxeron a disposición das asociacións socio-sanitarias no espazo Amizar

Tras un percorrido, no que estivo acompañada pola presidenta de AFACO, María del Carmen Martínez Pulleiro, e por outros membros da xunta directiva, a delegada destacou a importancia do labor realizado pola entidade e a calidade dos servizos que brinda.

A representante do Goberno autonómico resaltou o firme compromiso da Xunta coas entidades que, como Afaco, axudan a quen ten demencia e as súas familias que, como apuntou a propia Belén do Campo, "necesitan apoio para afrontar a súa tarefa como coidadores".

Neste senso lembrou que a  Consellería de Política Social e Igualdade ten abertas con esta entidade, nas convocatorias de 2023, dúas liñas de colaboración no eido de maiores, que lles permite financiar  ata 15 prazas de atención diúrna e 20 de transporte ao centro de día con máis de 160.000 euros e no eido da violencia de xénero unha subvención para o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero cunha axuda de máis de 34.000 euros, una orde que se volverá a convocar este verán.

A delegada tamén destacou que a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o ano pasado, recibiron máis de 22.000 euros para a contratación de traballadores desempregados para as entidades sen ánimo de lucro, esta orde sairá convocada de novo este verán. As persoas contratadas melloran a súa preparación profesional e adquiren experiencia neste centro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
315397 {"title":"Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102716-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"315397"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/315397-belen-do-campo-informa-afaco-da-renovacion-do-convenio-manter-seu-centro-terapeutico-salvador-madariaga-catro-anos-mais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.