A Xunta e Agalcari asinan un convenio para impulsar a promoción do patrimonio marítimo galego e o fomento da carpintería de Ribeira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O acordo con esta entidade financia as actuacións previstas ata o 30 de novembro do 2024 consistentes na dinamización e promoción da recuperación do patrimonio marítimo flotante
  • Alfonso Villares destaca a importancia das carpinterías de ribeira como un dos oficios fundamentais dentro do patrimonio mariñeiro de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

A Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) asinaron un convenio co fin de financiar as actuacións dirixidas á dinamización e fomento da carpintería de ribeira. Esta entidade desenvolve actividades de recuperación, conservación e divulgación do patrimonio marítimo galego, con especial énfase na defensa e promoción dos intereses económicos, sociais e culturais dos seus afiliados mediante unha constante labor formativa. O documento asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o representante de Agalcari, Ramón Collazo, recolle unha aportación por parte da administración autonómica de 30.000 euros para executar as accións previstas, entre as que están o fomento da recuperación do patrimonio marítimo flotante e a promoción das embarcacións tradicionais. 

Alfonso Villares destacou a importancia dun traballo nacido da sabedoría popular que constitúe un auténtico proxecto de país, pois a fabricación de barcos de madeira favorece a silvicultura sostible e vincula a dúas industrias estratéxicas, como son a forestal e a marítimo-pesqueira. Ademais, enxalzou o traballo de Agalcari para dignificar a construción  duns barcos cunha pegada de carbono próxima a cero e con pezas cen por cen reciclables, en procesos sustentables e cada vez máis optimizados con novas técnicas que permiten que se utilicen para renovar a flota da industria auxiliar da acuicultura ou de pesca artesanal. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
315396 {"title":"A Xunta e Agalcari asinan un convenio para impulsar a promoción do patrimonio marítimo galego e o fomento da carpintería de Ribeira","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102578-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"315396"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/315396-xunta-e-agalcari-asinan-convenio-impulsar-promocion-do-patrimonio-maritimo-galego-e-fomento-da-carpinteria-ribeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.