A Xunta apoia as reivindicacións do sector ferroviario para trasladar ao Goberno central o reforzo dos servizos de tren de proximidade

Imagen del artículo A Xunta apoia as reivindicacións do sector ferroviario para trasladar ao Goberno central o reforzo dos servizos de tren de proximidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, atendeu as peticións trasladadas por representantes do sindicato CCOO-Galicia na provincia de Pontevedra, como xa ten reclamado a Xunta ao Executivo estatal  

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo un encontro con representantes do sector ferroviario de CCOO na provincia de Pontevedra, encabezado polo seu secretario xeral, Antón Conde, para escoitar as súas demandas e necesidades, entre elas a creación dunha rede de trens de proximidade como existen noutras comunidades. Tal e como trasladaron no encontro, a proposta de CCOO pretende dar unha resposta intermodal que cubra as necesidades do territorio e ofreza un servizo transfronteirizo con Portugal.

O Goberno galego xa ten manifestado en varias ocasións a desatención por parte do Executivo estatal cos servizos de proximidade, que serían clave para mellorar a mobilidade, neste caso no sur e interior da provincia de Pontevedra. De feito, a Xunta ten reclamado ao Goberno central un estudo de alternativas para a implantación de trens de altas prestacións que conecten coa rede estatal e co obxectivo de sacar o máximo proveito da chegada do AVE.

De feito, para a Administración autonómica unha rede de proximidade entre Vigo e Pontevedra  suporía poñer en marcha máis trens e frecuencias continuas reducindo o tránsito por estrada como ocorre cos servizos de proximidade no Eixo Atlántico Vigo-A Coruña, se ben a Xunta tamén leve demandando desde hai tempo ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible melloras nestes trens de media distancia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
315329 {"title":"A Xunta apoia as reivindicacións do sector ferroviario para trasladar ao Goberno central o reforzo dos servizos de tren de proximidade","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102895-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"315329"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/315329-xunta-apoia-as-reivindicacions-do-sector-ferroviario-trasladar-ao-goberno-central-reforzo-dos-servizos-tren-proximidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.