O director da Axencia Galega de Infraestruturas defende a sostibilidade económica das estradas galegas no congreso "Transforming roadMobility" que se celebra en Toledo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Francisco Menéndez participou hoxe xunto a responsables de estradas de distintas comunidades na mesa redonda que analizou as limitacións e propostas para a sostibilidade económica das redes de estradas
  • Pon o acento no incremento do 8% nos orzamentos da Xunta deste ano para manter as vías en perfectas condicións e reforzar a seguridade dos usuarios, destinado a este fin case 53 millóns de euros

Toledo, 9 de xullo de 2024

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, participou este martes no congreso Transforming roadMobility, promovido pola Asociación Española de la Carretera (AEC), que celebra a súa primeira edición en Toledo. Este simposio reúne a destacados expertos da Administración e profesionais para abordar ao longo de tres xornadas solucións que axuden a acelerar a transformación das estradas autonómicas no camiño cara un novo modelo de mobilidade.

Menéndez tomou parte na mesa redonda que analizou a "Sostenibilidad económica de las redes de carreteras. Limitaciones y propuestas de solución", xunto a responsables de estradas das comunidades de Castela A Mancha, Andalucía e Murcia.

Na súa intervención, subliñou a importancia de manter as estradas existentes en boas condicións, para o que, as contas da Xunta deste ano incrementan o investimento destinado a este fin preto dun 8%, ata acadar os case 53 millóns de euros, para manter as vías en perfectas condicións e reforzar a seguridade dos usuarios. Este investimento posibilitará continuar con programas como o Plan de reforzos de firme, a conservación ordinaria e a vialidade invernal, a Estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes ou o programa de control das pontes, obras de pasos, muros e noiros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
314286 {"title":"O director da Axencia Galega de Infraestruturas defende a sostibilidade económica das estradas galegas no congreso \"Transforming roadMobility\" que se celebra en Toledo","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102895-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"314286"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/314286-director-da-axencia-galega-infraestruturas-defende-sostibilidade-economica-das-estradas-galegas-congreso-transforming-roadmobility-se-celebra-toledo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.