Diego Calvo defende a anticipación e planificación da Xunta na regulación das vivendas de uso turístico cun decreto "pioneiro" que funciona desde 2017

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia defendeu no Parlamento o éxito do modelo turístico, con máis de 7 millóns de visitantes e os mellores datos de rendibilidade hoteleira
  • Admitiu que o fenómeno das VUT evolucionou de forma significativa "pero de ningunha forma podemos aceptar que sen control ou regulamento da Xunta" e defendeu a validez da norma autonómica, avalada dúas veces pola xustiza
  • Recorda que o decreto especifica claramente que os concellos teñen potestade para regular segundo as súas competencias, como tamén as comunidades de veciños

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a anticipación e previsión do Goberno galego en relación á regulación das vivendas de uso turístico cun decreto "pioneiro" que permitiu regular, dende a súa entrada en vigor no ano 2017, máis de 24.000 aloxamentos deste tipo na comunidade autónoma.

Fíxoo durante unha interpelación parlamentaria na que puxo en valor, ademais, o éxito do modelo turístico impulsado pola Xunta de Galicia, avalado por "resultados espectaculares".  "Máis de sete millóns de visitantes chegaron a Galicia en 2023, con 13,3 millóns de pernoitas e acadáronse os mellores niveis de rendibilidade hoteleira da historia, cun crecemento de máis do 6 % en relación ao ano 2022 e do 27 % en relación a antes da pandemia", manifestou.

Diego Calvo sinalou que os galegos apoian este modelo e lamentou que discursos baseados na premisa da "turismofobia" poñan en perigo un sector no que están ocupadas preto de 130.000 persoas.

Un texto legal dialogado

Ao respecto do fenómeno das vivendas de uso turístico, lembrou que o Goberno autonómico galego foi pioneiro na posta en marcha dun decreto para regular esta modalidade de aloxamento. Un texto legal que foi redactado en "diálogo tanto co sector hoteleiro, como coas entidades locais". Reivindicou, ademais, a validez da norma, avalada dúas veces pola xustiza, que dá seguridade xurídica a propietarios, usuarios e sector turístico.

O conselleiro da Presidencia rexeitou que se aborde esta cuestión apelando a "falsos" datos e interpretacións erróneas e enmarcou o debate do ordenamento das vivendas de uso turístico "nun fenómeno global". Neste sentido, admitiu que o denominado "fenómeno das VUT", medrou dunha forma significativa nos últimos anos, "pero de ningunha forma podemos aceptar que sen control e regulamento".

Tal e como manifestou Calvo, "a normativa autonómica funciona". O seu rexistro actualízase de xeito constante mes a mes, incorporándose á oferta de aloxamento da comunidade como unha modalidade complementaria e non excluínte ao resto de tipoloxías. "De feito, as súas prazas non están activas sempre, xa que poden compatibilizar, se así o desexan os propietarios, o seu uso residencial co turístico", abondou o conselleiro.

Competencias locais

Xunto a isto, Calvo indicou que o decreto especifica claramente que as entidades locais teñen potestade para regular este tipo de vivendas segundo as súas competencias desde a posta entrada en vigor do decreto e lamentou que resulte máis doado a algúns consistorios municipais "botarlle a culpa á Xunta de Galicia" dun suposto "descontrol premeditado" ao respecto da súa regulación e de falta de medidas de ordenamento.

O conselleiro lamentou, particularmente, que o Concello de Santiago de Compostela prometera ás familias con VUTs "a súa regularización" e que, agora, "pretenda ilegalizalas todas, agás cun período de barra libre de dous meses". Faino cunha ordenanza que está a tramitar e que permite o alugueiro como VUTs durante 60 días ao ano mentres os propietarios a teñan como residencia habitual durante 183 días anuais.

Ao seu xuízo, esta medida potenciará o aluguer temporal e non os permanentes. Porén, segundo asegurou o conselleiro, "a colaboración da Xunta co Concello de Santiago, como con todos os concellos galegos, é total na regulación das VUTs".

Finalmente, Calvo reflexionou ao respecto de que "mentres comunidades autónomas como Galicia fomos pioneiras en dar un marco legal á realidade das VUTs, o Goberno estatal tardou seis anos en reaccionar". "Faino agora de xeito descoordinado e sen diálogo coas comunidades autónomas, competentes na materia", aseverou. E lamentou que Galicia non fóra convocada á reunión promovida hai uns días polo Executivo central, nin por parte de Vivenda nin pola de Turismo, para abordar esta cuestión lamentando, ademais, que se "alente" á súa prohibición por parte dos concellos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
314285 {"title":"Diego Calvo defende a anticipación e planificación da Xunta na regulación das vivendas de uso turístico cun decreto \"pioneiro\" que funciona desde 2017","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103133-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"314285"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/314285-diego-calvo-defende-anticipacion-e-planificacion-da-xunta-na-regulacion-das-vivendas-uso-turistico-cun-decreto-pioneiro-funciona-2017 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.