A Xunta pon en marcha en verán servizos especiais de autobús para peregrinos e para acudir a zonas de praia, espazos naturais ou eventos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor no Parlamento o Plan de Tranporte Público de Galicia que, con 140 M€ anuais, permite contar con tarifas económicas e bonificadas e ofrecer un servizo moderno e de calidade
  • Detallou as medidas do Goberno galego a prol dunha mobilidade sostible como a aposta pola intermodalidade e os aparcamentos disuasorios ou o apoio ao sector do taxi

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor hoxe no pleno do Parlamento de Galicia o Plan de Transporte Público de Galicia nunha interpelación sobre os servizos públicos de transporte na que lembrou a "mellora continua" do transporte interurbano con "máis cobertura, máis recursos, planificación, avances tecnolóxicos e tarifas únicas e bonificadas" co obxectivo de prestar un servizo "moderno e de calidade".

Nesta liña, salientou que a Xunta sempre que é preciso reestrutura os servizos dispoñibles para adaptalos ás demandas das persoas usuarias. Por iso, neste verán poranse en marcha servizos especiais para acudir a zonas de praia; a espazos naturais protexidos; e a festivais, festas e romarías; ademais do reforzo dos servizos destinados aos peregrinos que camiñan a Santiago de Compostela.

Así, en xullo e agosto o Goberno galego activou novas liñas nalgúns concellos. É o caso de Nigrán, Viveiro, ou a conexión Sanxenxo-Pontevedra. Ademais, no concello de Sanxenxo, grazas ao convenio asinado coa Xunta con este obxectivo, funcionaran ata o vindeiro 8 de setembro tres liñas municipais, unha lanzadeira entre o polígono de Nantes, Sanxenxo e Portonovo, e dúas liñas circulares que conectan diferentes puntos do municipio.

Do mesmo xeito, Diego Calvo anunciou a ampliación da oferta para acceder aos areais de Ferrol ou Arteixo, ao igual que desde A Coruña, Cambre e Culleredo para chegar ás praias de Oleiros ou ao parque acuático de Cerceda. Na provincia de Pontevedra, actívanse liñas desde O Porriño e Tui ata Praia América, mentres que na provincia ourensá, destaca o aumento de autobuses desde Barbadás e Ourense para que a veciñanza poida desfrutar das novas atraccións abertas no parque acuático de Monterrei, no Pereiro de Aguiar.

No que se refire aos servizos cos que facilitar a visita a espazos naturais protexidos destacan as conexións á praia das Catedrais de Ribadeo, con horarios axustados ás mareas, ou os autobuses desde Cabanas e Pontedeume con destino ao parque natural das Fragas do Eume. Por outra parte, reforzáronse de xuño a setembro algunhas conexións coas que facilitar a incorporación ou a volta aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, como é o caso da conexión Santiago-Fisterra con dous servizos directos ao día e outros dous de luns a venres laborables, e que o ano pasado rexistrou máis de 3.300 viaxeiros.

Tamén nas festas e festivais de moitas localidades a Xunta atende as demandas das persoas usuarias no tempo de lecer, como o recente Resurrection Fest de Viveiro ou co Festival de Ortigueira desta semana, un servizo que en 2023 sumou case 8.000 viaxes.

Como lembrou Diego Calvo, estes servizos especiais complétanse con autobuses en horario nocturno e durante as fins de semana para facilitar os desprazamentos entre Marín e Pontevedra, Baiona e Vigo ou no corredor O Grove-Sanxenxo-Pontevedra,  ademais dos xa habituais no resto do ano con destino Santa Comba (desde Muxía, Negreira e Brión) e Santiago (desde Brión e Negreira).

Na súa intervención, o conselleiro de Presidencia incidiu en que os 140 millóns de euros anuais que a Xunta inviste no mantemento Plan de Transporte Público de Galicia permiten ofrecer tarifas económicas e con importantes bonificacións. É o caso da Tarxeta Xente Nova coa que a Xunta financia aos menores de 21 anos ata 60 viaxes interurbanas gratuítas ao mes. Así, coas máis de 169.800 tarxetas activas bonificáronse entre xaneiro e maio deste 2024 máis de 3 millóns de viaxes.

A este respecto salientou tamén o millón de viaxes bonificadas coa TMG+65 nos catro primeiros meses deste exercicio, coa que as persoas maiores de 65 anos poden tamén realizar ata 60 viaxes de maneira gratuíta no transporte público de competencia autonómica. Desde a súa posta en marcha o 1 de xaneiro activáronse máis de 95.900 tarxetas e realizáronse 1,2 millóns de viaxes bonificadas.

Coa finalidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible -un obxectivo que se pretende acadar tamén coa Estratexia Galega de Mobilidade-, o conselleiro de Presidencia resaltou a aposta da Administración autonómica pola intermodalidade ou polos aparcamentos disuasorios nas contornas das cidades con máis de 500 prazas nos últimos anos.

O Goberno galego ten previsto ademais actuar en máis dun milleiro de paradas de autobús para facelas máis modernas, seguras e accesibles e acaba de incrementar en 350.000 euros a dotación orzamentaria para apoiar ao sector do taxi na compra de vehículos adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO.

Reunión sobre o Corredor Atlántico

No pleno de hoxe, o conselleiro de Presidencia tamén fixo balance da reunión que, xunto coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, mantivo o pasado 27 de xuño  co secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, e co comisionado do Goberno central para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián.

Explicou que, pese a acordarse a creación dun grupo de traballo técnico entre Xunta e Estado para avanzar nos proxectos previstos, "non se concretou nin avanzou nas reivindicacións que Galicia mantén desde hai tempo en materia ferroviaria". De feito, "nin se trasladou ningunha novidade sobre o Corredor Atlántico nin se deron explicacións e solucións ás continuas incidencias que se afectan ao transporte ferroviario galego".

A Xunta entregou nese encontro ao representantes do Goberno central a Estratexia integral de optimización loxística, deseñada en colaboración co Clúster da Función Loxística de Galicia e que recolle o conxunto de infraestruturas prioritarias para a competitividade do Corredor Atlántico, considerado polo Goberno galego como unha rede estratéxica. Pero, pola contra, non recibiu do Executivo central o Plan Director do Corredor Atlántico "con detalle de infraestruturas, prazos e investimentos" e do que a Xunta "só coñece un power point", aínda que o comisionado se comprometeu a remitilo.

Axudas á contratación de socorristas

No pleno de hoxe, Diego Calvo tamén abordou o apoio da Xunta á contratación de socorristas durante a época estival a través dunha nova orde de axudas que substitúe e amplía os supostos de financiamento da convocatoria que nos últimos años viña publicando o departamento autonómico con competencias en materia de emprego. Se ben aclarou que a contratación dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos é unha competencia municipal, o Goberno galego apoia a súa contratación e encárgase de regular a formación que deben reunir para prestar un servizo seguro e de calidade e poder estar inscritos no Rexistro profesional de socorristas de Galicia, no que actualmente figuran máis de 3.800 persoas.

Coa nova convocatoria a Xunta financia os custos salariais dos concellos solicitantes -ata o 90 % do custo realizado e un máximo de 40.000 euros- no período entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2024, polo tanto con carácter retroactivo todo o verán. A diferencia de convocatorias anteriores nas que se esixía ao persoal estar en situación de desemprego e figurar no Servizo Público de Emprego, nesta ocasión amplíase a cobertura a outros dous supostos: tanto persoal propio da entidade local destinado a este servizo como ao persoal que o concello contrata para estas tarefas a través dunha empresa externa mediante un contrato de servizos. Unha vez finalizado o 1 de xullo a presentación de solicitudes, a Xunta recibiu case 200 peticións que se atopan en proceso de revisión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
314283 {"title":"A Xunta pon en marcha en verán servizos especiais de autobús para peregrinos e para acudir a zonas de praia, espazos naturais ou eventos","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102475-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"314283"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/314283-xunta-pon-marcha-veran-servizos-especiais-autobus-peregrinos-e-acudir-zonas-praia-espazos-naturais-ou-eventos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.