Xosé Merelles eloxia o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades e reforzar a calidade do destino

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia organizada por Turismo de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia, onde puxo en valor o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades "e reforzar así a calidade do destino con propostas gastronómicas que son quen de atraer cada vez a máis visitantes".

Durante o acto, Xosé Merelles puxo de manifesto a importancia que teñen os concursos de tapas celebrados durante o outono e inverno nas distintas cidades galegas como "importantes reclamos para o noso turismo". Como dixo, o ano pasado o 46% do total da demanda hoteleira en Galicia correspondeu aos destinos urbanos especialmente fóra de temporada alta "e é importante que conten cunha oferta de calidade e diversificada", expresou.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles eloxiou esta iniciativa creada pola Xunta de Galicia "a partir da cultura da tapa, pequenos petiscos cheos de sabor e matices capaces de sorprender aos padais máis esixentes". Tamén lembrou que esta é a oitava edición desta cita que non deixa de sorprender "en capacidade creativa da gastronomía galega e na calidade dos produtos". O director de Turismo de Galicia agradeceu moi especialmente a participación dos sete chefs nesta acción así como o seu traballo que xunto coa calidade do produto galego, "elevan a nosa gastronomía a un nivel de ouro".

Durante a gala deuse a coñecer o nome do mellor cociñeiro De Tapas por Galicia 2024, elixido entre os sete cociñeiros dos concursos de tapas celebrados o ano pasado nas sete cidades galegas. Tamén se contou coa presenza da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte e as delegadas territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol, Belén do Campo e Martina Aneiros e o delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo.

Premio do xurado e popular

Entregouse o premio concedido por un xurado profesional e outro popular. Os concursantes foron Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) coa tapa Estamos como cabras; Manu Triay de Taberna Triay (A Coruña) con Donete recheo de cocido;Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol) con Recordos da miña nenez. 

Tamén participaron desde Lugo  Bret Fernández  de Prebe by Bret coa tapa Xurel Black Coupage; Gabi Conde de Restaurante Portovello (Ourense) con A Terma, Kevin Carreño de Nikko Espacio Gastronómico (Vigo) con Nigiri de crokketa de carabineiro e Daniel Carramal de Loaira Xantar (Pontevedra) con trasmallos de neboeiro.

Dous galardóns

Os sete cociñeiros disputarán por dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que valorará cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra, o premio do xurado popular, que se elixirá mediante un sistema de televotación. 

A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
314281 {"title":"Xosé Merelles eloxia o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades e reforzar a calidade do destino","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103133-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"314281"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/314281-xose-merelles-eloxia-labor-dos-cocineiros-galegos-encher-oferta-turistica-das-cidades-e-reforzar-calidade-do-destino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.