O mercado de música entre Galicia e Portugal avanza as 12 propostas artísticas que se presentarán en setembro co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O programa de showcases mostrará os directos de seis artistas e bandas galegas e cinco portuguesas a responsables de programación dos dous países
  • Ademais, grazas á colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa patrocinada pola Consellería de Cultura, a banda catalá El Pony Pisador presentará en Galicia 'Ocells' e o galego Mondra levará a Cataluña 'A folía das ardentes'
  • Continúan abertas as inscricións profesionais para participar no encontro que se vai celebrar do 12 ao 15 de setembro na eurocidade Tui-Valença

Valença do Miño (Portugal), 9 de xullo de 2024

O Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal, MUMI, avanzou hoxe as primeiras confirmacións do programa profesional para a súa quinta edición, que conta co apoio da Xunta de Galicia para integrar unha selección de 12 bandas e artistas de diversidade estilística e que comparten en moitos casos as músicas de raíz como fonte. Trátase dun feixe de propostas de alta calidade, onde estarán representadas a música tradicional, o folk, o rock, a electrónica, as músicas urbanas, a canción de autoría, ou propostas musicais da vangarda mais contemporánea, que dan boa conta do gran momento creativo que viven os dous territorios.

Así o sinalou esta mañá o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, na Pousada da Fortaleça de Valença do Minho durante a presentación do primeiro avance de programación do evento que terá lugar do 12 ao 15 de setembro na eurocidade Tui-Valença. No acto, no que participaron representantes do resto de institucións implicadas e da organización do MUMI, Sutil destacou a importancia estratéxica deste mercado para o sector musical galego que ten en Portugal un territorio natural para internacionalizar as nosas músicas coa facilidade que supón a proximidade lingüística, cultural e xeográfica, "o que nos axuda a tecer sinerxías e que pode facer moito máis fortes e produtivas as industrias musicais de ambos países", expresou.

Coa Fira Mediterrània de Manresa

O representante da Consellería de Cultura tamén celebrou a continuidade do acordo de colaboración iniciado na pasada edición coa Fira Mediterrània de Manresa, un dos mercados de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo. Grazas a este intercambio, o MUMI presentará o traballo da banda catalá El Pony Pisador, co directo do seu novo álbum Ocells.

A súa vez, a Fira recibirá na súa próxima edición, en outubro, a proposta galega de Mondra, escollida entre as participantes na anterior edición do MUMI dentro da alianza entre as dúas feiras. O acordo de colaboración asinado entre a Fira e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia financiará a participación da devandita banda galega, que terá a oportunidade de realizar un showcase para presentar o seu traballo A folía das ardentes neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo. Ademais de Mondra e fóra do marco do MUMI, a Manresa 2024 acudirán tamén co patrocinio da Xunta Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e Nova Galega de Danza.

Diversidade e experimentación

Despois do proceso de selección tralo éxito de convocatoria, que se pechou cun total de 242 propostas artísticas candidatas para os showcases, o MUMI anunciou hoxe a selección de bandas e artistas que van configurar o programa profesional. Seis formacións de Galicia e cinco de Portugal amosaranlle ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual. Pola banda galega presentaranse os directos de Alana, Amoebo, Os D'Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; mentres Portugal achegará as propostas de Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma.

Desde o equipo organizativo destacan que a diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2024, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa. Das novas incursións na música tradicional á electrónica, pasando polas vangardas contemporáneas, as músicas urbanas ou a canción de autoría, as actuacións programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Miño cunha presencia destacada dos sons que experimentan a partir da música de raíz. Son 11 propostas de bandas e artistas entre as que se atopan tanto emerxentes como traxectorias consolidadas.

Abertas as inscricións profesionais 

As inscricións profesionais para o MUMI continuarán abertas a través da páxina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos encontros rápidos entre profesionais. Artistas, axencias, empresas, especialistas en xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral daranse cita neste evento xunto a outras propostas musicais, aínda por anunciar, que serán convidadas a participar no encontro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313656 {"title":"O mercado de música entre Galicia e Portugal avanza as 12 propostas artísticas que se presentarán en setembro co apoio da Xunta","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278561\/_DSC8667.jpg","id":"313656"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313656-mercado-musica-galicia-e-portugal-avanza-as-12-propostas-artisticas-se-presentaran-setembro-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.