A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España

Imagen del artículo A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na inauguración de 'Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible' organizada por SEPIE 
  • Esta cita, que se prolongará ata o 11 de xullo, busca que cada centro teña as ferramentas necesarias para desenvolver metodoloxías sobre sustentabilidade

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez participou hoxe na inauguración da xornada Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible organizada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en colaboración coa Xunta de Galicia. Unha cita que se realiza a través do equipo National VET Team España, integrado por cerca de 30 profesionais da materia, e na que se explora como os proxectos Erasmus+ ofrecen oportunidades únicas para potenciar a mobilidade e a cooperación internacional no sector da Formación Profesional.

"Estamos nun momento no que os proxectos deste tipo deben abordar o medio ambiente e a loita contra o cambio climático como valores centrais", salientou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, considerando fundamental enriquecer "os perfís profesionais dos estudantes e fortalecer os lazos entre institucións educativas europeas". Eugenia Pérez tamén aproveitou a súa intervención para enxalzar a FP galega, un "modelo de referencia en toda España, que busca estar actualizado segundo as demandas e necesidades da sociedade, e impulsar a internacionalización ".

Nesta xornada, pensada para as redes e organizacións dedicadas á Formación Profesional e ao aprendizaxe de adultos, búscase conformar unha FP máis sostible, onde cada centro teña a oportunidade de cambiar mentalidades. O obxectivo principal é dotar aos centros das ferramentas necesarias para desenvolver estratexias e metodoloxías nesta materia, plans de estudo orientados ao futuro e iniciativas que apoien os enfoques previstos das organizacións expertas en sustentabilidade medioambiental.

Tres días de aprendizaxe

A xornada prolongarase ata o 11 de xullo contando con mesas redondas, conferencias e visitas a centros de Formación Profesional. Tras a inauguración, profesionais do sector e expertos internacionais porán o foco na internacionalización, na sustentabilidade medioambiental e na Formación Profesional, así como na presentación de accións sostibles Erasmus+, como os espazos verdes galegos e as sendas de Santiago de Compostela.

Xa o mércores, os asistentes a estas xornadas anuais de difusión do National VET Team España poderán profundizar nos retos do futuro e na combinación da formación, o Pacto Europeo polo Clima e as mobilidades. Finalmente, o xoves realizaranse visitas aos centros integrados de FP CIFP Someso da Coruña, CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e CIFP Politécnico de Santiago, para conformar unhas conclusións sobre a importancia da oferta formativa de cara á internacionalización.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313654 {"title":"A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"313654"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313654-xunta-impulsa-internacionalizacion-do-modelo-da-fp-galega-referente-espana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.