A Xunta anima aos usuarios a que descarguen o Bono Turístico, do que quedan dispoñibles menos de 1.000

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal
  • Os bonos poderán desfrutarse en estadías en Galicia que se realicen desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro, ambos incluídos
  • Este ano, como novidade, cada usuario poderá descargar ata dous bonos cun valor total de 300€ e estarán cofinanciados entre o Goberno autonómico e os usuarios

O Pino (A Coruña), 9 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo,  o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, visitaron o aloxamento Vila sen Vento ubicado no Concello do Pino, un dos establecementos incluídos dentro da oferta do Bono Turístico. Na visita a delegada lembrou que quedan xa poucos bonos dispoñibles tras o éxito da descarga dos primeiros días. Os usuarios que desexen descargar o bono turístico da Xunta este 2024 poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal.

Con esta iniciativa o Goberno autonómico busca promover as viaxes en Galicia durante este outono e apoiar o sector fóra de temporada alta. A representante do Goberno autonómico destacou "o éxito da campaña xa que dos 16.000 bonos iniciais quedan, a día de hoxe, menos de 1.000 bonos dispoñibles polo que todo aquel que desexe beneficiarse dos mesmos agotaranse en poucos días".

Xosé Merelles salientou, pola súa banda, tamén a consolidación da iniciativa, "que nos últimos anos nos está a axudar a un doble obxectivo: dar continuidade ao noso modelo de desestacionalización turística onde estamos acadando importantes incrementos de viaxeiros fóra de temporada alta, e tamén nos axuda a traballar no mercado interno, é dicir, o dos propios galegos, para que coñezamos o que aínda non coñecemos de Galicia e contribuamos tamén ao impulso económico do sector turístico", expresou.

Tamén sinalaron que as empresas poden seguir adheríndose á iniciativa. Polo de agora hai máis de 300 establecementos de aloxamento e axencias nos que poder desfrutar do bono dos que máis de 130 están na provincia de A Coruña. Os aloxamentos áinda teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro.

Pola súa banda, os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos. Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.

O Goberno autonómico inviste este ano 1M€ coa previsión de mobilizar no sector 2,5M€ durante o outono. Poranse en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€), o que supón preto do 47%.

A iniciativa -que naceu no contexto da pandemia para dinamizar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego- está consolidándose como una proposta que impulsa a actividade fóra de temporada alta e contribúe a apoiar o sector.

Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M€: deles, durante a pandemia foron máis de 10M€ (5M€ co bono turístico sociosanitario e 5,8M€ no ano 2021), aos que se suman os 3M€ nos últimos dous anos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313653 {"title":"A Xunta anima aos usuarios a que descarguen o Bono Turístico, do que quedan dispoñibles menos de 1.000","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278558\/20240708+NPSilfestValdeorras+%281%29.jpeg","id":"313653"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313653-xunta-anima-aos-usuarios-descarguen-bono-turistico-do-quedan-disponibles-menos-1-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.