Lorenzana anuncia un novo apoio de 4 M€ ao sector da automoción no marco do Plan director para promover a mellora tecnolóxica en toda a cadea de valor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lorenzana subliña que con esta nova axuda, a Xunta leva activados 22 M€ para apoiar este sector declarado estratéxico polo Goberno galego na súa transición cara unha mobilidade sustentable
  • Para este segundo paquete de axudas, avanza a sinatura dun convenio de colaboración entre o Igape e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) para a mellora de equipamentos e instalacións en innovación
  • Lembrou que xa está aberto o prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario de 18M€ que permitirá cubrir tanto os custos de investimento en equipamentos ou elaboración de proxectos de futuro como os proxectos de renovables ou de aforro e eficiencia enerxética
  • O Goberno galego presentará a vindeira semana o borrador do Plan director da automoción cumprindo co compromiso para os cen primeiros días de mandato

Mos (Pontevedra), 9 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia ten previsto activar no marco do Plan director da automoción unha segunda liña de axudas para apoiar ao sector na súa transición cara unha mobilidade sustentable. Farao a través da sinatura dun convenio de colaboración entre o Igape e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) para a mellora de equipamentos e instalacións técnicas que permitirán mellorar a competitividade  e o fortalecemento deste sector estratéxico para a comunidade galega. O seu importe ascende a 4 M€ e con eles a Xunta levará activados no que vai de ano un total de 22M€ para atender as necesidades de electrificación.

A conselleira realizou este anuncio no transcurso dunha visita ao Grupo Copo, o maior provedor da industria da automoción na rexión, e a quen agradeceu a súa aposta por Galicia. Cómpre lembrar que Copo conta con 9 plantas de produción entre Galicia, Aragón, Portugal, México, República Checa e Eslovaquia, así como tres centros teconlóxicos de I+D+i, un deles tamén en Galicia. E, ao fío, Lorenzana asegurou que o CTAG é un centro "crucial" para Galicia, para industrias como Copo e "para seguir sendo un centro de atracción para novas empresas". 

A conselleira de Economía e Industria tamén lembrou que onte se abriu o prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario que promove o Igape para o sector e que, cun orzamento de 18M€, busca intensificar a colaboración coa automoción galega potenciando unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, capaz de facer fronte aos retos que o sector ten por diante.

A nova liña de axudas, en concorrencia non competitiva, dá resposta ás situacións da industria da automoción de Galicia nesta transición. Para acadar a meta, o programa contribúe a facer fronte aos gastos das empresas este mesmo ano.

Así, para os proxectos de investimentos en equipamentos ou elaboración de proxectos de futuro, as axudas serán do 70%, cun máximo de 300.000 euros. E para actuacións en proxectos de aforro e eficiencia enerxética, os apoios van do 35% ao 55%, en función da tipoloxía de empresa, e ata o 65% para proxectos de enerxías renovables, establecéndose unha axuda máxima de 700.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá activo ata o 31 de outubro no caso dos proxectos de futuro e de investimento en equipamentos, e ata o 2 de setembro para as iniciativas centradas na eficiencia enerxética e nas renovables.

Ademais, a Xunta presentará a vindeira semana o borrador do Plan director da automoción, que recollerá as medidas, mecanismos e medios necesarios para reforzar un sector no que Galicia xa é un referente, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, captar novos investimentos e incrementar o emprego.

Deste xeito, a Xunta reforza a súa aposta por un sector fundamental da economía de Galicia ao representar máis do 13% do PIB, que suma máis de 200 empresas e preto de 25.000 empregos, e que conforma unha das cadeas de valor máis completas de Europa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313336 {"title":"Lorenzana anuncia un novo apoio de 4 M€ ao sector da automoción no marco do Plan director para promover a mellora tecnolóxica en toda a cadea de valor","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102891-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"313336"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313336-lorenzana-anuncia-novo-apoio-4-m-ao-sector-da-automocion-marco-do-plan-director-promover-mellora-tecnoloxica-cadea-valor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.