A Xunta rematará en outubro a modernización da nova planta de preparación e envasado do porto de Celeiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo é afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de peixe dunha maneira máis sinxela e rápida e con prezos atractivos para o consumidor
  • Esta actuación súmase a outras levadas a cabo no peirao viveirense pola administración autonómica nos tres últimos anos, e que en total superan os 3 millóns de euros

Viveiro (Lugo), 9 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia prevé rematar no mes de outubro as obras de modernización da nova nave de preparación e envasado de produtos pesqueiros do porto de Celeiro, ás que destina 1,2 millóns de euros. Así o anunciou este martes o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a visita realizada ao peirao viveirense, e na que estivo acompañado da directora territorial de Mar, Mariña Gueimunde. 

Trátase dunha actuación que está financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA). O 30% restante corresponde a fondos propios da Consellería. Segundo destacou o titular de Mar, logo de supervisar o inicio dos traballos de construción, a nova dotación está destinada a afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de pescado dunha maneira máis sinxela e rápida, e con prezos atractivos para o consumidor.

Os traballos inclúen así, a adaptación da nave existente, ademais do acondicionamento de aseos, vestiarios, chans, paredes ou a redistribución de zonas e de salas. O obxectivo é aumentar o valor engadido da industria da zona e cadea comercial, garantindo a súa permanencia no tempo e a do ámbito socioeconómico tanto directo como indirecto que leva asociado pois, na actualidade, nin Celeiro, nin as zonas colidantes dispoñen de dependencias para o procesado de peixe.

Con esta modernización e acondicionamento, todos os traballadores tamén se verán beneficiados, xa que disporán dunhas mellores instalacións e, polo tanto, obterán unha maior calidade dende o punto de vista laboral e de seguridade. Asemade, outro dos beneficios desta iniciativa é dar visibilidade aos produtos capturados pola frota da zona, que cumpren con todos os estándares de calidade e de sostibilidade.

Máis de 3 millóns de euros

Esta actuación súmase a outras levadas a cabo dende a administración autonómica nos últimos tres anos no peirao viveirense, e que en total superan os 3 millóns de euros. É o caso da caso da dragaxe do porto, a construción da nave e almacén do lavado de caixas e da zona da reparación de redes, a ampliación de prazas e o novo pantalán ou o eficiencia do novo edificio multiusos do peirao norte.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313328 {"title":"A Xunta rematará en outubro a modernización da nova planta de preparación e envasado do porto de Celeiro","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100198-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"313328"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313328-xunta-rematara-outubro-modernizacion-da-nova-planta-preparacion-e-envasado-do-porto-celeiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.