A delegada territorial da Xunta en Ferrol visita o concello de Ortigueira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Ortigueira (A Coruña), 8 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Ortigueira onde mantivo unha reunión co seu alcalde, Valentín Calvín, co que repasou asuntos vinculados á Administración autonómica.

Entre eles, o estado de execución das obras da 2ª fase do proxecto de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, entre Campo do Hospital e Ponte de Mera, nas que o Goberno galego está a investir 6,8 M€. Con esta intervención a Xunta culminará a transformación integral do eixo viario San Sadurniño-Ortigueira cun investimento global de case 15 M€.

Tamén avaliaron, entre outros asuntos, as actuacións de acondicionamento planificadas por Portos de Galicia nos peiraos do municipio -Ortigueira e Espasante- nas que o ente público ten a previsión de investir ata o 2026 preto de 2 millóns de euros.

A delegada territorial destacou que a coordinación entre as administracións autonómica e local é fundamental "de cara a garantir que os servizos públicos se prestan dunha forma eficaz, especialmente en concellos rurais e con menor poboación, e que dispoñen polo tanto de menos recursos", sinalou.

O encontro enmárcase dentro da rolda de contactos que a delegada territorial mantén permanentemente cos Concellos, entidades e axentes socioeconómicos da área territorial co obxecto de dar resposta e ofrecer solucións ás necesidades dos veciños.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
311362 {"title":"A delegada territorial da Xunta en Ferrol visita o concello de Ortigueira","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102723-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311362"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311362-delegada-territorial-da-xunta-ferrol-visita-concello-ortigueira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.