Os Servizos de Inspección Veterinaria de Pontevedra, primeiros en España en facerse coa acreditación ENAC polo seu labor no eido da seguridade alimentaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Galicia é a primeira comunidade autónoma en acadar este recoñemento no ámbito agroalimentario e, en concreto, no ámbito da seguridade alimentaria
  • O proceso para acadar esta distinción incluíu exames realizados pola entidade acreditadora

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto coa directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, clausurou hoxe o acto de entrega da acreditación de calidade para o control oficial de matadoiros e industrias agroalimentarias, outorgada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), ao Servizo Veterinario de Inspección de Saúde Pública de Pontevedra.

Na súa intervención, Gómez Caamaño resaltou que o persoal de saúde pública "é capaz de previr e detectar a aparición de riscos relativos á seguridade alimentaria e á saúde ambiental que poidan poñer en perigo a saúde da poboación, a quen situamos no centro de cada unha das nosas actuacións". 

O camiño ata conseguir esta distinción supuxo a realización de exames exhaustivos por parte da ENAC que inclúen, tanto auditorías documentais como visitas de acompañamento na realización dos labores de inspección. Este proceso implicou o afianzamento do sistema de calidade coas normas e procedementos de actuación perfectamente establecidos e planificados que garanten a uniformidade, a calidade e a transparencia das actuacións de control oficial.

No acto, o titular da carteira sanitaria entregou un diploma por este logro aos xefes da zona veterinaria do Porriño, Manuel Soutullo Garrido (recentemente xubilado); de Lalín, Luis Couto Lorenzo; de Vigo, Gerardo Morán Máruez; de Pontevedra, José Luis Castro Rey; o xefe de Servizo de control de riscos Ambientais, Rubén Gómez Leiras; e á directora territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Natalia Botana Rey.

Inspección á vangarda nacional

Na actualidade Galicia é a primeira comunidade autónoma en acadar esta acreditación pola norma UNE-EN-ISO/IEC 17020 da ENAC no ámbito agroalimentario e, en concreto, no ámbito da seguridade alimentaria, sendo os servizos de inspección veterinaria de saúde pública da Consellería de Sanidade os primeiros en España en recibir a distinción en competencia técnica da ENAC. 

O próximo obxectivo da Dirección Xeral de Saúde Pública é acadar a acreditación para toda a inspección de Saúde Pública, tras o traballo realizado en Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
311304 {"title":"Os Servizos de Inspección Veterinaria de Pontevedra, primeiros en España en facerse coa acreditación ENAC polo seu labor no eido da seguridade alimentaria","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102733-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311304"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311304-os-servizos-inspeccion-veterinaria-pontevedra-primeiros-espana-facerse-coa-acreditacion-enac-polo-seu-labor-eido-da-seguridade-alimentaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.