Medio Rural participa nun proxecto europeo para abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación de Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de España, Francia e Portugal
  • Alí puxo de relevo este tipo de iniciativas, que se configuran como unha "oportunidade beneficiosa e enriquecedora que contribúe ao intercambio de sabedoría entre distintos países con problemáticas comúns, co fin de poder abordalas xuntos"
  • Grazas a este proxecto poderase afondar en variables específicas que condicionan o comportamento dos lumes nesta zona e abrirase unha nova porta para a testeo de solucións innovadoras do uso do espazo forestal, baixo o obxectivo de mellorar a súa resiliencia ante os lumes

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación do proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de varias comunidades autónomas e dos países do suroeste europeo: España, Francia e Portugal. O obxectivo deste proxecto é abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais que afectan a estes países.

Durante a súa intervención, a titular de Medio Rural puxo de relevo este tipo de iniciativas que "promoven a cooperación ante retos comúns como son os incendios forestais" e definiuno como unha "oportunidade beneficiosa e enriquecedora que contribúe ao intercambio de sabedoría entre distintos países con problemáticas comúns, co fin de poder abordalas xuntos".

Avanzou que grazas a este proxecto, centrado no deseño dunha estratexia para a prevención de incendios no territorio Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais, poderase afondar en variables específicas que condicionan o comportamento dos lumes nesta zona. Ademais, María José Gómez sinalou que a iniciativa "abrirá unha nova porta" para a testeo de solucións innovadoras do uso do espazo forestal, baixo o obxectivo de mellorar a súa resiliencia ante os lumes.

USE4FOREST pon tamén o foco sobre os habitantes das zonas afectadas polos lumes e aposta pola pedagoxía, a sensibilización e a concienciación da cidadanía "que xoga un papel fundamental na prevención e loita contra o lume", sinalou a conselleira.

Pladiga 2024

De seguido, afirmou que moitos dos eixes desta iniciativa son compartidos polo Goberno autonómico na súa estratexia contra os incendios forestais. Gómez lembrou que dende a Xunta de Galicia "non só nos centramos no servizo de prevención e defensa contra o lume, senón tamén na planificación forestal e dinamización produtiva do territorio".

Así, referiuse ao Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Pladiga, que se actualiza cada ano, e que contempla catro liñas de actuación baseadas na prevención, a investigación, a formación e a extinción. Neste eido, destacan os 3.000 efectivos propios da Consellería -aínda que o dispositivo rolda os 7.000 ao sumar persoal doutras administracións-; a incorporación de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes deseñadas polo propio operativo galego, e que poden realizar tanto traballos de roza como de extinción; ou a entrada en funcionamento da nova base de medios aéreos de Verín-Oímbra, moi preto da fronteira con Portugal para procurar a cooperación co país veciño. Destaca tamén a ampliación da rede de videovixilancia forestal, que este ano chegará a 177 cámaras que cobren máis do 85% do territorio galego.

Para finalizar a súa intervención, María José Gómez salientou que "un rural coidado e produtivo é un cortalume natural", e por iso a Consellería do Medio Rural aposta por figuras como os polígonos agroforestais ou as agrupacións forestais de xestión conxunta, que xunto con outros instrumentos que buscan mobilizar a terra de xeito útil e áxil "son os mellores aliados contra os incendios forestais".

Interreg Sudoe USE4FOREST

O proxecto USE4FOREST aglutina a diversas entidades e administracións de España, Francia e Portugal, co fin de afondarán nunha estratexia para a prevención de incendios no territorio Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais. O proxecto estará vixente ata decembro de 2026 e conta cun investimento total de case tres millóns de euros.

Con respecto ás entidades españolas que participan no proxecto, aparte da Consellería do Medio Rural, están a Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo; a Deputación de Ourense;  a Junta de Castilla y León; a Hazi Fundazioa; a Fundación Tecnalia Research & Innovation e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Colaboran tamén o Ministério da Administraçaõ Interna Autoridade Nacional de Emergência e Proteção Civil; Comunidade Intermunicipal das Terras de Trás-os-Montes; o Instituto Politécnico de Bragança Centro de Investigação de Montanha de Portugal, así como o Centre Régional de la Propriété Forestière Nouvelle-Aquitaine; o Département de l'Aude DGA Solidarités territoriales Mission Europe; o Syndicat Mixte du Pays Sud Charente e o Syndicat Mixte d'amenagement et de gestion du PNR Corbières- Fenouillèdes de Francia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
311301 {"title":"Medio Rural participa nun proxecto europeo para abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102742-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311301"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311301-medio-rural-participa-nun-proxecto-europeo-abordar-solucions-comuns-na-prevencion-incendios-forestais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.