Rueda avanza que a Xunta garante por lei o impulso a unha intelixencia artificial centrada na cidadanía e na igualdade de oportunidades

Imagen del artículo Rueda avanza que a Xunta garante por lei o impulso a unha intelixencia artificial centrada na cidadanía e na igualdade de oportunidades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Anuncia que o Consello abre o prazo de consulta pública do anteproxecto da Lei que se prevé levar ao Parlamento "en setembro"
  • Asegura que o obxectivo é "dar seguridade" á cidadanía e as empresas sobre que se vai garantir "un uso ético e seguro" da IA e "atraer investimentos vencellados a este eido"
  • O anteproxecto de lei garante a supervisión humana nos procedementos que empreguen esta tecnoloxía 
  • Galicia será a primeira comunidade en regular por lei esta ferramenta dixital

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello autorizou abrir o prazo de consulta pública do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA) en Galicia que establece o marco xurídico para facilitar a adopción desta tecnoloxía na Administración xeral da comunidade e no seu sector público de xeito seguro, fiable e centrado na cidadanía. "A previsión é remitir a lei ao Parlamento en setembro", indicou.

Con esta lei, Galicia sitúase á vangarda das rexións europeas para dispoñer dunha IA segura que salvagarde os dereitos das persoas, que mellore a eficacia da Administración na súa relación coa cidadanía e que impulse o desenvolvemento desta tecnoloxía no ecosistema dixital galego e no tecido produtivo da Comunidade.  "Galicia vai ser a primeira comunidade en regular por lei o uso da intelixencia artificial", indicou Rueda.

A futura normativa, segundo explicou o presidente, ten dúas finalidades. Por unha banda,  "dar seguridade á cidadanía e as empresas" sobre que se vai garantir "un uso seguro e ético" da IA e, por outra, "atraer investimentos vencellados a este eido".

Salvagarda dos dereitos das persoas

Tal e como explicou o presidente, a futura lei "garante que un ser humano supervise os procedementos en que se empregue a intelixencia artificial" sempre que o requiran. Ademais, os sistemas de IA empregados no sector público autonómico deberán ser auditables, rastrexables e entendidos por todas as persoas e estarán accesibles nun rexistro público, que recollerá toda a información do seu ciclo de vida, desde o deseño ata a desactivación. 

O anteproxecto tamén recolle "a creación da figura do comisionado en IA", que será a persoa encargada de velar polos intereses da cidadanía e os valores éticos dos sistemas. 

Relación da Administración coa cidadanía

O emprego da Intelixencia artificial estará orientado a ofrecer unha atención personalizada que teña en conta as circunstancias e necesidades de cada persoa, sen prexuízos. A regulación da IA en Galicia facilitará o achegamento da Administración á cidadanía e a igualdade de oportunidades nas áreas rurais, axudando a rachar coa fenda territorial e achegar as novas tecnoloxías ás galegas e aos galegos vivan onde vivan.

Ademais o anteproxecto recolle o dereito da cidadanía a recibir explicacións sobre decisións ou recomendacións tomadas polos sistemas de IA e a exixir a intervención dun empregado público no proceso. A Xunta probará e asegurará a eficacia e seguridade dos sistemas antes de implantalos na Administración.

Os proxectos de IA serán seguidos pola Oficina de Intelixencia Artificial, de nova creación, que coordinará a elaboración e actualización de guías para o uso de sistemas de IA e asesorará de forma continua sobre as tendencias en IA que permitan definir e desenvolver iniciativas innovadoras en Galicia.

Ademais, a futura lei establece a creación do Consello Galego de Intelixencia Artificial, un foro estratéxico, máximo órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento nesta materia formado por membros da Administración autonómica, as universidades, os colexios profesionais e o sector tecnolóxico.

Impulso da IA no ecosistema dixital e no tecido produtivo

A lei recollerá, tamén, unha serie de medidas para consolidar Galicia como rexión de referencia en Europa en IA. A Comunidade contará cunha serie de apoios económicos específicos para as empresas tecnolóxicas que fomenten o seu desenvolvemento. Ademais, a Xunta creará programas de incubación, aceleración e consolidación de empresas emerxentes de IA. Abre, ademais, o camiño para que a Xunta poña ao dispor das pemes ferramentas de auto-diagnose gratuítas sobre sistemas de intelixencia artificial.

Tamén se fomentará o investimento empresarial en solucións de intelixencia artificial e fondos de apoio á I+D+i neste ámbito. A lei prevé que poidan ser declarados de interese autonómico proxectos de IA adaptados ás necesidades de desenvolvemento rexional. Así mesmo, impulsarase a posta en marcha de factorías rexionais de intelixencia artificial arredor das infraestruturas do Centro de Supercomputación de Galicia.

No ámbito da capacitación, a Administración autonómica impulsará programas de apoio á formación do tecido produtivo, así como formación específica en IA para mellorar o horizonte laboral das persoas desempregadas e o apoio á formación universitaria para favorecer a creación e retención de talento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
311299 {"title":"Rueda avanza que a Xunta garante por lei o impulso a unha intelixencia artificial centrada na cidadanía e na igualdade de oportunidades","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"311299"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/311299-rueda-avanza-xunta-garante-lei-impulso-unha-intelixencia-artificial-centrada-na-cidadania-e-na-igualdade-oportunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.