A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas que están dirixidas a financiar proxectos de I+D+i que implican a introdución de tecnoloxías que permitan incrementar a produción atendendo a criterios de sustentabilidade da actividade
  • Nesta convocatoria duplicase o importe destas achegas autonómicas respecto ao 2023 e que están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa)

Santiago de Compostela, 8 de xullo do 2024

Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade do sector acuícola por importe de 828.571 euros e que están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Deste xeito duplícase os recursos mobilizados no ano 2023 co obxectivo de reforzar a financiación de proxectos que permitan desenvolver coñecementos científicos, técnicos ou organizativos nas explotacións acuícolas que reduzan o impacto no medio ambiente, avalíen os efectos e a adaptación ao cambio climático e melloren o aproveitamento do espazo.

Tamén búscase facilitar o desenrolo de novos métodos de produción sustentable e a incorporación de melloras nas especies (xenéticas o fisiolóxicas) así como avances na área da rastrexabilidade. O estudo da viabilidade técnica e económica de produtos procesos e servizos innovadores ou a introdución de novas especies no mercado son outros dos campos que son obxecto destas subvencións.

Serán beneficiarias destas achegas empresas e entidades asociativas dedicadas á realización de calquera das fases de explotación de cría, cultivo ou reprodución e  que leven a cabo iniciativas no ámbito da innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos. Así se promove unha maior grao de integración entre o sector produtivo e os centros de coñecemento ampliando as posibilidades para incorporación de novos investigadores no ámbito das ciencias mariñas no que Galicia é referente.

A orde ten carácter plurianual polas características de algúns dos proxectos que son subvencionables e que precisan máis dun ano para a súa completa execución. Este ano se mobilizarán 428.571 euros, e os restantes 400.000 euros no 2025.  As contías das axudas poden alcanzar o 100% da financiación cando se trate de iniciativas que sexan de interese e presenten un beneficiario colectivo á vez que teñan características innovadoras ou que garantan o acceso público aos seus resultados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
310909 {"title":"A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros","published_date":"2024-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102474-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"310909"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-08/310909-xunta-reforza-innovacion-mellora-tecnoloxica-e-competitividade-da-acuicultura-galega-mais-800-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.