As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ares e As Pontes reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dun kit de material para emerxencias no medio acuático e outro de material loxístico para a seguridade viaria
  • Enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil 

Ferrol, 7 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia fixo entrega esta semana de diverso material de emerxencias a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos ou mancomunidades galegos entre as que se atopaban as dos concellos de Ares e As Pontes.

Así a AVPC de Ares recibiu un kit de material para as emerxencias no medio acuático que consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios. Pola súa banda, a agrupación das Pontes foi beneficiaria dun kit de material loxístico para a seguridade viaria no que se inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Ambos equipamentos suman unha achega de máis de 9.600 euros.

O material entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

A Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. Ademais, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
309004 {"title":"As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ares e As Pontes reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta","published_date":"2024-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278552\/060724+Entrega+equipamento+de+emerxencias+provincia+de+Lugo.jpg","id":"309004"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-07/309004-as-agrupacions-voluntarios-proteccion-civil-ares-e-as-pontes-reciben-equipamento-emerxencias-cedido-pola-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.