A Xunta recibe sete ofertas para executar a conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño

Imagen del artículo A Xunta recibe sete ofertas para executar a conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación, que conta cun investimento de máis de 424.000 euros, céntrase no acondicionamento de algo máis de 350 metros de lonxitude do treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura
  • O obxectivo da Xunta é iniciar os traballos despois do verán, cun prazo de execución de seis meses

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven de recibir sete ofertas para executar as obras de conexión da ponte internacional coa PO-510, en Salvaterra de Miño, licitadas por 424.313€.

A intervención céntrase no acondicionamento dun treito final de algo máis de 350 metros de lonxitude, concretamente, no treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura.

Esta actuación permitirá levar a cabo unha mellora das beirarrúas, a rede de saneamento e o alumeado público.

A intención da Xunta é comezar as obras despois do verán, co obxectivo de non entorpecer o tráfico nos accesos de ida e volta na ponte. As obras terán un prazo de execución de seis meses.

No detalle, a actuación leva aparellada a pavimentación dos viarios, cunha mellora do firme que inclúe unha capa de regularización; e a construción das beirarrúas, unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes.

Tamén se levará a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa traballado para dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308110 {"title":"A Xunta recibe sete ofertas para executar a conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño","published_date":"2024-07-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"308110"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-06/308110-xunta-recibe-sete-ofertas-executar-conexion-da-ponte-internacional-coa-estrada-autonomica-po-510-salvaterra-mino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.