Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Sanidade puxo en valor o traballo da doutora Crespo no eido das investigacións vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón
  • Destaca a súa traxectoria profesional e a importancia do seu labor para que a sanidade galega sexa considerada hoxe en día un referente no ámbito da cardioloxía

Ourense, 6 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou este mediodía no acto de nomeamento da doutora Marisa Crespo Leiro como filla predilecta da provincia de Ourense. Na súa intervención remarcou a súa "decisiva contribución" para conseguir facer avanzar a medicina na comunidade galega.

Caamaño incidiu en que a doutora Crespo é unha "das responsables de que Galicia sexa referente no ámbito da cardioloxía" destacando as súas achegas científicas vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón.

"A doutora Crespo é unha galega de honra, a provincia de Ourense fai ben en reivindicar como propia a orixe dunha das profesionais que contribúen a que Galicia teña un sistema público de saúde do que sentirnos orgullosos", remarcou o titular de Sanidade da Xunta. 

No transcurso da súa intervención, Gómez Caamaño salientou o traballo da doutora Crespo ao longo da súa traxectoria profesional, un labor que lle valeu diversos recoñecementos a nivel nacional e internacional, e que abrangueu tanto o eido asistencial, como os da investigación e  o da divulgación científica. 

"En nome da Consellería de Sanidade, grazas por todos estes anos de traballo e contribucións á saúde na nosa comunidade", concluíu Gómez Caamaño. 

Unha vida dedicada á cardioloxía

A doutora Crespo licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Cardioloxía no Hospital Porta de Hierro de Madrid, e doutorándose na Universidade Autónoma de Madrid. Tras desempeñar o seu labor como cardióloga no Hospital Virxe da Saúde de Toledo, ingresou no Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde exerce como xefa de sección da área de Insuficiencia Cardíaca.

Así mesmo, coordina o Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca avanzada do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e é xefa de Grupo no CHUAC do Centro de Investigación Biomédica en Rede Cardiovascular (CIBERCV) do Instituto de Saúde Carlos III. En outubro de 2023, foi nomeada vicepresidenta electa da Sociedade Española de Cardioloxía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308085 {"title":"Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense","published_date":"2024-07-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102476-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"308085"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-06/308085-caamano-destaca-contribucion-marisa-crespo-sanidade-publica-galega-seu-nomeamento-como-filla-predilecta-da-provincia-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.